CONTACTO

  • banner concurso
  • banner web
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [02 Febreiro 2020]

    PLAY, ARACALADANZA. DANZA

    Auditorio de Ourense


    Non!  Non se abre o pano ao comezar!. Antes hai que construír o escenario. E enchelo de coxíns. E colocar ao bailarín. E iluminalo todo.


    Entón e só entón, o escenario cobra vida, suspendido.


    Para xogar á pita cega, ou para entrecruzar gomas e participar nun antigo videoxogo. Para saltar sobre o sofá, ou descubrir cisnes procurando o seu lago. Para seguir cans bailaríns que escoitan gatos ou encher a cabeza de aire. Para provocar fogos de artificio ou danzar todos xuntos. PLAY é unha festa sen respiro que contaxia ledicia, alenta o sorriso e comparte diversión. E o pano, está vez, tampouco se baixa. Porque a festa continúa despois....


    Familiar/ todos os públicos

    Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica