CONTACTO

  • Audi
  • I. Tascón
  • prem lit
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [13 Marzo 2020] - [12 Maio 2020]

    INFORMACIÓN SOBRE APRAZAMENTOS E CANCELACIÓNS DE ACTIVIDADES

    Auditorio de Ourense

    Información da cancelación das actividades da Concellería de Cultura

    Ante a evolución do coronavirus COVID-19, definido como pandemia global pola Organización Mundial da Saúde, e seguindo as directrices marcadas pola Xunta de Galicia e demais autoridades sanitarias, o Concello de Ourense implementa un primeiro paquete de medidas preventivas en materia de saúde pública destinadas a afrontar a expansión do virus entre a poboación, entre as que están a cancelación de todas as actividades lúdicas, culturais -no Auditorio, na Sala Valente e no Museo Municipal-.



    Información sobre aprazamentos e cancelacións de actividades no Auditorio Municipal


    Debido ás recentes medidas especiais de contención do coronavirus, hai espectáculos cancelados, e outros nos que a organización viuse obrigada ao seu aprazamento.

    As entradas xa adquiridas serán igualmente válidas para acceder na nova data sen necesidade de efectuar ningún cambio.


    Quen prefira solicitar a devolución das súas entradas, poderán facelo escribindo a ataquilla@afundacion.org indicando a dirección de correo electrónico coa que se efectuou a compra e procederan ao reembolso.

    ataquilla.com


     

    [21 Marzo 2020]

    CANTAJUEGO. ESTÉNDOCHE A MIÑA MAN. VIRA NACIONAL E INTERNACIONAL 2020/21

    Auditorio de Ourense


    CantaJuego presenta: Esténdoche a miña man. Vira nacional e internacional 2020/21


    Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o Grupo Encanto entregará ao publico unha montaxe especial baseada na solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase aínda máis dada a expansión a países Latinoamericanos incluída na longa lista de cidades que visitarán nesta edición, tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.


    Arroupado por unha escenografía deseñada especialmente para esta xira, “Esténdoche a miña man” estará protagonizada polos xa icónicos CantaJuego e os seus fieis amigos, Coco, Pepe e Buby entre outros personaxes, para despregar un espectáculo cheo de música, coreografías, humor e enerxía que integra por igual a pequenos e maiores.


    Todos os asistentes deben adquirir entrada, incluídos nenos e adultos, independentemente da idade e de se ocupan butaca ou non.


    Espectáculo recomendado a partir de 12 meses.


    Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica