CONTACTO

  • banner concurso
  • banner web
  • MMOu
  • EdC
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [08 Febreiro 2020]

    SIN TÍTULO 97/17. DANZA

    Auditorio de Ourense


    SIN TÍTULO é un dúo creado en 1997 a partir da invitación do grupo Artistes Face au SIDA, para participar nunha gala na Sala Patiño en Xenebra, nun momento no que as asociacións de loita contra a enfermidade comezaban a facerse visibles na paisaxe europea. Para crear o dúo, Marcela e Mikel entraron con paixón e inocencia dentro dun territorio temático delicado: o corpo humano con toda a súa forza e fraxilidade, a súa beleza e os seus límites, o sentimento de inxustiza e de impotencia fronte á enfermidade, a necesidade de resistir, de manterse unidos, lúcidos, amables, solidarios, coa capacidade de amar intacta, capaces de continuar a marabillarnos coas cousas máis simples en cada momento. En 1997 cando creamos SIN TITULO, falar do tema da SIDA implicaba falar do tema da morte.


    Na actualidade, 20 anos máis tarde, SIN TITULO é un desafío que nos entusiasma.Por un lado, trátase de reencontrarse no traballo de busca e de creación de movementos, distintos, enriquecidos, e envellecidos.Os nosos corpos cambiaron a graos diferentes, de xeito máis ou menos visible, as nosa maneiras de pensar e de concibir a nosa actividade e a vida tamén se modificaron. Por outra banda a nosa relación coa enfermidade evolucionou; hoxe en día felizmente, falar de SIDA implica falar de vida, de como vivir con ou sen o virus. O horizonte abriuse.


    Público Adulto


    Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica