- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
ActividadesExposicións e espazos expositivos

[01 Xaneiro 2020 11:00 ] - [16 Decembro 2021]
Centro Histórico
Espazo Expositivo de Arturo Baltar
O Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor, componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas, conxuntamente coas construccións de carácter popular, crean ese ambiente singular.
Horario: de luns a venres, de 11 h a 14 h.
Entrada: libre e gratuíta.
Lugar: Praza de San Cosme e San Damián.

[01 Xaneiro 2020 11:30 ] - [16 Decembro 2021]
Claustro de San Francisco
Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1923, o Claustro de San Francisco sobreviviu á súa azarosa historia conservando practicamente intacta a beleza dos seus 63 arcos, todos decorados con motivos vexetais, animais (reais e fantásticos) e humanos esculpidos en pedra. Aínda que se considera de estilo gótico, a influencia románica é clara.
Horario: de martes a sábados, de 11.30 h a 13:30 h e de 17 h a 20 h; os domingos, de 11.30 h a 13.30 h; os luns permanece pechado.
Entrada: libre e gratuíta.
Lugar: Emilia Pardo Bazán, 37.