CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    AUTORIZACIÓN DE FESTAS
    DOCUMENTACIÓN
     
     
    As entidades locais, de acordo co establecido na Lei de Medidas Urxentes derivada da entrada en vigor da Lei 9/2013 do 19 de decembro, do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia, seguen a ser competentes para outorgar as licenzas en materia de verbenas e festas populares, no caso de que se vaian a utilizar escenarios e/ou estruturas móbiles, debendo para elo aplicar o artigo 42 da Lei de Emprendemento e Competitividade Económica de Galicia, polo que pomos no seu coñecemento que para abrir un expediente de autorización de festas hai que entregar a seguinte documentación:
     
     
    1. Impreso de solicitude debidamente cumprimentado polo organizador do espectáculo (ou representante acreditado), indicando persoa responsable indicando enderezo, núm. de móbil,correo electrónico e fotocopia do DNI.
    2. Póliza completa e recibo de pagamento do seguro de Responsabilidade Civil, que deberá ser pola totalidade dos días que duren as festas incluíndo os días de montaxe e desmonte das atraccións, carpas e/ou escenarios.
    3. Permiso específico da Asociación de Veciños correspondente.
    4. Plano de emprazamento onde se delimite o “recinto festivo” e a localización das estruturas móbiles (palcos, feirantes, carpas, etc.).
    5. Memoria das festas onde conste: programa, previsión de asistencia e relación de todas as actividades que se van realizar dende o primeiro día de montaxe ata o último día de desmonte.
    6. Xustificante de ter aboadas a taxa correspondente á SGAE.
    7. Compromiso asumido por un técnico competente (enxeñeiro, enxeñeiro técnico e/ou arquitecto) e visado do Certificado de Montaxe das instalacións, carpas e escenarios.
    8. Plan de autoprotección cando o aforo sexa igual ou superior a 20.000 persoas.
    9. Grupo electróxeno:autorización de Industria, certificado de instalación, póliza completa e recibo do seguro de Responsabilidade Civil.
    10. Orquestras:certificado  anual de idoneidade asinado por un técnico competente, certificado de instalación eléctrica, permiso de circulación,ITV, póliza completa e recibo do seguro de Responsabilidade Civil.
    11. Carpas:póliza completa e seguro de Responsabilidade Civil, certificado de idoneidade e de montaxe asinados por un técnico competente.
    12. Pirotecnia:plano da cartografía municipal do lugar de disparo, copia da comunicación presentada na Subdelegación do Goberno de Ourense, identificación da empresa de expertos que realice o espectáculo así como dos expertos que participen, póliza e seguro de responsabilidade civil con cobertura mínima de 600.000 €, relación polo miúdo dos artificios pirotécnicos (tipo, número, cantidade, tempo, etc) dos fogos artificiais. No caso de exceder de 100 kg, tamén será necesario presentar un Plan de Seguridade.
     
     
    Nota:    A documentación necesaria para a instalación de atraccións e/ou venda ambulante está  no       ANEXO I.
     
     
    Toda a documentación hai que entregala por Rexistro Xeral, no caso das persoas físicas, ou por Sede Electrónica no caso de persoas xurídicas (asociacións), polo menos 30 días naturais antes do comezo das festas.
     
     
     
    ANEXO I
     
    AUTORIZACIÓN ATRACCIÓNS E/OU VENDA AMBULANTE NAS FESTAS DOS BARRIOS
     
     
    Documentación instalación de atraccións:
     
    1. Certificado de idoneidade asinado por técnico competente.
    2. Certificado de instalación eléctrica da atracción.
    3. Póliza completa e recibo do seguro de RC.
    4. Documentación do grupo electróxeno (marcado CE, boletín eléctrico, declaración de conformidade, póliza completa e recibo do seguro) ou contrato Fenosa.
    5. Xustificante de ter aboadas as taxas de ocupación de espazo público.
    6. Compromiso asumido por un técnico competente (enxeñeiro, enxeñeiro técnico e/ou arquitecto) e visado do Certificado de Montaxe das instalacións, carpas e escenarios.
     
    Documentación instalación venda ambulante:
     
    • Fotocopia do NIF.
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente de pago con Hacienda.
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente de pago con Facenda.
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social.
    • Certificado acreditativo de estar dado de alta no réxime da Seguridade Social que lle corresponda.
    • Certificado acreditativo de estar dado de alta no IAR correspondente para cada actividade.
    • Certificado correspondente acreditativo da formación como manipulador de alimentos.
    • Póliza completa e recibo do seguro de RC.
    • Certificado de instalación eléctrica da atracción.
    • Certificado da instalación do gas, de ser o caso.
    • Documentación do grupo electróxeno (marcado CE, boletín eléctrico, declaración de conformidade, póliza completa e recibo do seguro) ou contrato Fenosa.
    • Xustificante de ter aboadas as taxas de ocupación de espazo público.
    • Compromiso asumido por un técnico competente (enxeñeiro, enxeñeiro técnico e/ou arquitecto) e visado do Certificado de Montaxe das instalacións, carpas e escenarios.
     
     
     
    (Toda a documentación ten que ser presentada por Sede Electrónica 15 días naturais antes do comenzo das festas)

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica