CONTACTO

  • Ciclo lirico
  • Sem 23 nov
  • EdC
  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    Centenario da Revista Nós

    Conmemoración do Centenario Revista Nós
     
    No ano 1920 sae do prelo en Ourense o primeiro número da Revista Nós, xermolo da chamada Xeración Nós que situará a nosa cidade no albo da cultura galega e universal.
     
    Será nesa altura cando comece a denominarse Ourense, a Atenas de Galicia. Xentes como Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas, Prado Lameiro, Arturo Noguerol, e moitos outros, puxeron andar un proxecto que foi quen de dignificar a cultura galega, renovar a prosa, ampliar o número de xéneros cultivados en galego, e exercer o seu maxisterio para vindeiras xeracións coa súa máxima de que só se pode ser universal partindo do propio.

    Neste 2020 celebramos o centenario da Xeración Nós e neste contexto, o Concello de Ourense ten especial relevancia e é por iso que, desde a Concellería de Cultura, promovemos a creación dunha comisión organizadora e coordinadora de accións para a súa conmemoración que contribúa a difundir a relevancia daquel proxecto na vertebración e modernización de Galicia e que se leve a cabo mediante a implicación das diferentes entidades socioculturais do noso Concello.
     
    O 22 de xaneiro creouse a Comisión Centenario Nós que ten como fin principal servir de coordinadora de todos os actos que as entidades da cidade propoñan para conmemorar este aniversario. Do mesmo modo, a propia Concellería de Cultura, organizará actos directamente contando coa colaboración das entidades representadas nesta comisión.

    Polo que supuxo no seu día esta publicación e porque unha boa parte das persoas que colaboraron neste proxecto, a chamada Xeración Nós, era oriúnda da nosa cidade, o Concello utilizará o logotipo conmemorativo que se promoverá en todas as áreas.




             Arquivos descargables - Logotipo conmemoración Centenario Nós

     
    Documentos pdf
     
    Imaxes
     

    Logotipo definitivo

     
    Logotipo definitivo

    Logotipo 1 tinta

     
    Logotipo 1 tinta

    Logotipo negativo

     
    Logotipo negativo

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica