CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    78 establecementos participaron no 27 Concurso de escaparates de Nadal de Ourense


     

    Ourense, xaneiro de 2017.-

    O Salón de Plenos do Concello acolleu esta mañá a entrega dos premios do 27 Concurso de escaparates de Nadal, organizado pola Concellería de Cultura en colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense. O acto contou coa presenza do alcalde, Jesús Vázquez, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o vicepresidente da Cámara de Comercio, Antonio Villaverde e de Rafael Luaña en representación de Hoteis Caldaria.


     

    En total, participaron nesta edición 78 establecementos, e tal e como ten acontecido nos últimos anos, os comercios do téxtil e os establecementos da zona centro e histórica, foron os máis numerosos á hora de participar no certame. O alcalde agradeceu a participación de todos e subliñou a “importancia destas accións que tamén premian o espíritu navideño e contribúen a facer do comercio local toda unha referencia nestas datas a nivel galego”.


     

    O xurado valorou tres aspectos: a creatividade e orixinalidade, a combinación de elementos e cores, e a iluminación e a composición. A continuación vai a relación dos premiados:


     

    1º Premio (800 € + diploma)

    La ratita presumida (988 982 663, Concordia 28)

     

    2º Premio (600 € + diploma)

    Galius (685 517 817, Cardeal Cisneros, 4 - 6)


     

    3º Premio (400 € + diploma)

    Centro óptica (988 255 000, Doutor Marañón, 7)


     

    Escaparate máis votado (con 134 votos; 100 € + diploma)

    Pequeño Salón (659 684 432, río Arnoia, 14 - baixo)


     


     

    Ademais, tal e como se especificaba nas bases do concurso, tamén se sorteou unha estancia para dúas persoas outorgada por Hoteis e Balnearios CALDARIA que recaeu en Ourenfri (reparación e venda de maquinaria para hostelería, na Av. De Bos Aires).


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica