CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Volver

    O Concello convoca o XXXVI Premio Poesía Cidade de Ourense, dotado cun premio de 6.000€ e a publicación da obra gañadora

     


    Fin do prazo de presentación de traballos: 5/06/2019
    Lugar de inscrición: Concello de Ourense, Praza Maior, 1
    Máis información: Auditorio Municipal de Ourense (988 391 290)


    Ourense, febreiro de 2020.-

    O de Poesía, que acada a edición número 36, distinguirá o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa. O ano pasado tivo como gañadora a poeta Charo López. O Cidade de Ourense está aberto a todas as persoas que desexen participar, de calquera nacionalidade, agás quen gañaron o premio nas 5 edicións anteriores. O prazo de presentación de orixinais estará aberto ata as 14 horas do venres 5 de xuño.

    Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos. Presentaranse preferentemente en soporte dixital ou en papel por quintuplicado, baixo lema, indicando “Para o XXXVI Premio de Poesía Cidade de Ourense” nun sobre pechado, no Rexistro Xeral do Concello (Praza Maior, s/n), directamente ou por correo certificado. As persoas que concorran de Portugal poderán entregar os  seus traballos na Cámara de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.

    O xurado estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, o gañador da edición anterior e unha persoa representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa decisión producirase no mes de xuño e será inapelable. Quen gañe tamén recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e formará parte do xurado na seguinte edición.

     


     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica