CONTACTO

  • Expo Nós
  • os nosos fondos
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • Volver

    Ourense, setembro de 2020.-
     
    O Verán Cultural despídese esta semana, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio (rúa da Canle), con dúas propostas esencialmente escénicas, de balde e para todos os públicos: Baldin Bada, que une a música, a pintura e as acrobacias imposibles, e o Cabaré circense, a Grande Gala do Circo.
     
    Xoves 10 de setembro, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio. 
    BALDIN BADA, da compañía Shakti Olaizola
    Coñeceremos de preto os disparates e loucuras dunha pintora e un músico. Para esta peculiar pintora a simple acción de pintar pode chegar a ser toda unha aventura. É moi torpe, pero a súa torpeza leva a mostrarnos grandes habilidades que ten: pintar cos pés, facer equilibrios imposibles, cantar en posturas moi raras. Todo isto acompañada das melodías e habilidades musicais do seu compañeiro acordeonista.
     
    Venres 11 de setembro, ás 20:00 horas na terraza do Auditorio. 
    CABARÉ CIRCENSE: GRAN GALA DE CIRCO, de Pistacatro.
    O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo, na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music- hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofréceselle así ao público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas.
     
    Información:
     
    De balde
    Aforo limitado (máximo 150 persoas)
    Con máscara de protección obrigatoria.
    Acceso á Terraza do Auditorio Municipal, pola rúa da Canle. 
    Recoméndase acudir con antelación, xa que non se permitirá a entrada unha vez comezado o espectáculo.
    Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:
    Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto
    Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
    Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.
    Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.
    Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20
    Isidro Tascón. Réplica. Mesmos horarios que o Museo
    Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián
    Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h
    Claustro de San Francisco
    O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.
     
    Ourense, setembro de 2020.-
     
    A Concellería de Cultura do Concello de Ourense publica na páxina web www.ourense.gal as bases que rexerán a convocatoria de axudas destinadas á realización de programas, proxectos ou actividades culturais e recreativas na cidade considerados de interese público promovidos por asociacións ou entidades sen fin de lucro; así como as festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro promovidas por asociacións de veciños e comisións de festas.
     
    As entidades interesadas poderán solicitalas proximamente, durante un prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte ao que se publique o extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
     
    Estas axudas correspóndense coas LIÑAS I e II do Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Cultura:
     
    LIÑA I Subvencións a asociacións e entidades sen fin de lucro que desenvolvan accións no eido cultural:
     
    Proxectos relacionados coas artes escénicas, musicais, artes plásticas, cinematográficas e literatura.
    Edición, publicación ou impresión de libros, publicacións seriadas ou obras audiovisuais en calquera soporte.
     
    Actividades que teñan por obxecto o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material ou inmaterial da cidade de Ourense.

    LIÑA II Subvencións a asociacións de veciños e comisións de festas que desenvolvan accións no eido festivo: Festas patronais, romarías e outras celebracións de carácter tradicional ou senlleiro.
     
    As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios obxectivos que se concretan nas bases, que se poden consultar na sede electrónica do Concello.
     
     
    Ourense, 31 de agosto de 2020.-
     
    O novo circo de Edu Manazas e o rock and roll setenteiro do grupo galego The Soul Jacket son as propostas para esta semana do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense na terraza do Auditorio.
     
    O xoves, 3 de setembro, ás 20 horas, o clown Edu Manazas presenta “Fóra de stock”, un espectáculo que fala de soños, de esperanzas, de ilusións, da vida, da túa vida, de vivila, do xogo... Unha oficina, un almacén, unha fábrica... Traballo, ingresos, gastos, balances, inventarios, beneficios, perdas... Un espectáculo sobre o traballo, as persoas e a súa relación, cheo de ilusións e de desexos. Narrado en clave de circo, malabares, acrobacias e moitos soños.
     
    O venres 4 de setembro, desta vez ás 20 horas, actuará na terraza do Auditorio The Soul Jacket. A banda naceu tocando cancións inspiradas polo son do rock & roll americano e británico de primeiros dos setenta, pero foi a voz do seu cantante, cun aspecto puramente soul e afroamericano, o que a levou a bautizarse como The Soul Jacket. En dez anos de carreira e con varios álbums no seu currículo, están considerados como unha das mellores bandas españolas. "Plastic Jail" é o seu último álbum. 
     
    Entrada gratuíta, con prazas limitadas e máscara obrigatoria.
     
    Ourense, xullo de 2020.-
     
    A Concellería de Cultura abriu unha nova canle para a difusión da súa programación. Será a través da plataforma Telegram [Enlace] e servirá para que calquera persoa cun teléfono móbil 'intelixente' poida coñecer de primeira man todas as novidades e convocatorias do departamento de Cultura. Entre elas, as do Verán Cultural desta semana.

    A terraza do Auditorio énchese de acrobacias coas compañías La Troupe Malabó e Vol de Temps, que presentan senllos espectáculos en clave circense, positivos e cunha espectacular e divertida posta en escena. Distans, o venres ás 20:30h, é unha obra premiada na pasada edición dos Fetén.
    As actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias -caso da máscara de protección- e distancia social.

    Xoves 23 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    La Troupe Malabó. Oníricus. Dous surrealistas e aloucados mozos de circo, que soñan con converterse algún día en verdadeiros artistas, atópanse co desafiuzamento do circo no que traballan. Deciden fuxir e renderse, pero grazas ao público seguen adiante co seu soño. Aquí nace un novo circo e o espectáculo debe continuar.

    Venres 24 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    Vol de Temps. Distans. Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual; un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Fálase de amizade, da fraxilidade do ser humano, da soidade e do amor que é capaz de reconstruír as nosas relacións. A compañía foi premiada na pasada edición dos Fetén, e é considerado un dos mellores espectáculos de circo nos premios de Andalucía.
     
    Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:

    Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto
    Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
    Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.
    Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.
     
    Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20
    Isidro Tascón. Réplica. Mesmos horarios que o Museo
     
    Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián
    Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h
     
    Claustro de San Francisco
    O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.
     
     
    Ourense, 13 de xullo de 2020.-
     
    Este mércores arrinca, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, o ciclo de concertos de jazz que ofrecerá o Alfonso Medela Trio dentro da programación do Verán Cultural da Concellería de Cultura. Será o inicio de tres días consecutivos en que os ourensáns poderán gozar de alternativas culturais na rúa para todos os gustos.
     
    Todas as actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias e distancia social para o seu correcto desenvolvemento.
     
    Mércores 15, 20:30 horas. Terraza do Centro Comercial Ponte Vella
    Diara Tarín e Alfonso Medela Trío. Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor superior de Piano, é especialista en Jazz e Música Moderna, así como creador de máis dun cento de temas propios. Nestes concertos estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín. Todos os públicos. Gratuíto
     
    Xoves 16 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    Sincronacidas. Oh! Olimpiadas. Unha fresca e divertida proposta na que dúas limpadoras ven como as súas rutinas son retransmitidas por televisión, coma se dunha competición olímpica se tratase. O cotián narrado como se fose un momento único para construír un mundo absurdo e disparatado.
     
    Venres 17 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    Camerata Lírica. La Traviata. Concerto escenificado desta grande obra de principio a fin, na que non faltan as arias, os dúos e tercetos máis importantes. A obra de Verdi con libreto de F. M. Piave baseada na novela de Alejandro Dumas “A dama das camelias”. 
    Non se permitirá a entrada unha vez comezado o espectáculo.
     
    Ademais, a cidadanía ten á súa disposición os diferentes espazos culturais do Concello de Ourense: Museo Municipal, Sala Valente, Claustro de San Francisco...
     
    Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto
    Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quesada, Antonio Quesada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
    Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.
    Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.
     
    Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20
    Isidro Tascón. Réplica. Mesmos horarios que o Museo
     
    Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián
    Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h
     
    Claustro de San Francisco
    O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.
     
    Ourense, xullo de 2020
     
    O Auditorio Municipal de Ourense acollerá ata final de ano as actuacións de 16 compañías de diferentes modalidades escénicas, a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic. A xunta de goberno local aprobou esta mañá a sinatura do acordo, que suporá unha achega total de 41.093 euros por parte das dúas administracións.
     
    Aprobar o convenio entre o Concello de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais – Agadic para a realización da programación das actuacións culturais incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios, para o segundo semestre de 2020 no Auditorio de Ourense.
     
    Con este convenio subirán ao escenario do Auditorio 16 compañías, principalmente galegas, para representar as súas ultimas propostas: espectáculos de diferentes modalidades escénicas, principalmente teatro, comezando o día 20 de setembro con Café de las Artes: “El inolvidable viaje de Nana", e continuando até final de ano. Entre eles, inclúense tamén algúns dos espectáculos que foran adiados por mor da suspensión ocasionada pola pandemia da covid-19.
     
    A programación presentarase polo miúdo nas próximas semanas, xunto co resto das propostas do Auditorio para este semestre. A contratación destes 16 espectáculos suporá un investimento de 41.093 euros por parte do Concello e a Agadic.
     
    O Auditorio Municipal de Ourense é membro desde a súa apertura en 2005 da Rede Galega de Teatros e Auditorios enmarcada na Agadic, e o Concello ven asinando cada ano convenios para o desenvolvemento desta actividade escénica. A Agadic oferta un catálogo de grupos e compañías profesionais e o Auditorio elabora a súa programación.
     
    Esta daralle continuidade á programación de actividades culturais “Verán Cultural” que durante os meses de xullo, agosto e setembro desenvolve o Concello na terraza do Auditorio e que se complementa cos concertos de jazz que acollerá a terraza do Centro Comercial Ponte Vella.
     
     
    Ourense, 6 de xullo de 2020.-
     
    Circo e música blues, na terraza do Auditorio e as exposicióins de fondos do Museo Municipal, a VI Bienal de pintura xove e Isidro Tascón forman a axenda da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para esta semana na cidade. Estas son as propostas:
     
    CIRKO PSIKARIO - Aloló
    Xoves, 9 de xullo | 20.30 h | Terraza do Auditorio Municipal
    Circo para toda a familia. Equilibrios imposibles, música en directo, malabares, acrobacias e maxia van da man nun divertido espectáculo no que pode pasar de todo. Un espectáculo para a cativada que se adapta a todos os públicos.
     
    BLUES TIME - Concerto de blues
    Venres, 10 de xullo | 20.30 h | Terraza do Auditorio Municipal
    Blues Time é unha banda de bluesrock que xurdiu en Ourense en 2018. O grupo combina temas íntimos con outros máis movidos, pero sempre respectando a personalidade propia do blues. Preséntannos o seu primeiro disco “Blues Time Álbum”.
     
    OS NOSOS FONDOS | Museo Municipal de Ourense, r/ Lepanto
    A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quesada, Antonio Quesada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
    Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.
     
    CROMÁTICA | Museo Municipal de Ourense, r/ Lepanto (2º andar)
    VI Bienal de Pintura Xove. Fundación Cum Laude (mesmos horarios)
     
    ISIDRO TASCÓN – Réplica. Sala Ángel Valente (rúa do Paseo, 20)
    Isidro Tascón (León, 1971) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Entre 1994-96 destaca a súa colaboración na Documenta X e Museum Fridericianum, Kassel-Alemania. Foi premiado en diversas ocasións nas modalidades de pintura, escultura e litografía pola Junta de Castilla e León. En 1999 recibe en Madrid (Calcografía Nacional) o premio de litografía no Certamen Gráfico de Jóvenes Creadores. Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, tanto en España coma no estranxeiro e estivo presente en certames do circuíto internacional de arte contemporáneo como Arco, Art Salamanca, ArteSantander, MiArt, Artelisboa…
    * Mesmos horarios que o Museo
     
    Espazo Expositivo Arturo Baltar
    Tamén está aberto ao público, de luns a venres, de 11:00 a 14:00 h, o espazo expositivo Arturo Baltar, na Praza de San Cosme e San Damián. Nela pódese contemplar, entre outras obras, o Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor. Componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas e civís que, mesturadas conxuntamente coas construcións de carácter popular, crean ese ambiente singular.
     
    Claustro de San Francisco
    O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas. Os luns permanece pechado.
     
    Ourense, 2 de xullo de 2020.-
     
    O Concello amplía a oferta cultural de verán con catro concertos de Alfonso Medela Trío, acompañados por Diana Tarín, na terraza do Centro Comercial Ponte Vella. Serán os mércores 15 e 29 de xullo e os mércores 12 e 26 de agosto, ás 20:30 horas e de balde, pero con todas as medidas de seguridade garantidas. “Esta é unha cidade de jazz”, afirmaba o concelleiro de Cultura, Mario González, que non atopa espazo mellor para estes concertos que o elixido: “un espazo público, co río Miño e a Ponte Vella de fondo”.
     
    Alfonso Medela é un recoñecido pianista e compositor do Carballiño. Profesor superior de Piano, é especialista en Jazz e Música Moderna, así como creador de máis dun cento de temas propios. Nestes concertos estará arroupado pola súa formación habitual e acompañado pola voz de Diana Tarín.
     
    Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, concorda con que tanto o emprazamento coma os horarios son todo un acerto, e asegura que con este tipo de iniciativas “imos levar o microliberalismo ao mundo da Cultura”. É dicir, “que os cidadáns poidan escoller a cultura que queren de forma que se adapte aos seus desexos”.
     
    Páxinas: 1 2 3 4 5 ... Último 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica