- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS

Ourense, 23 de novembro de 2020.-
Programa do V Ciclo Lírico de Outono
O mércores 25 de novembro arrinca unha nova edición, a quinta, do Ciclo Lírico de Ourense. Serán tres concertos temáticos, todos no Auditorio Municipal de Ourense, con comezo ás 20:30h, dentro dun programa variado, amplo e diferente. “Propostas para todos os gustos, para pechar os ollos e marabillarse ante a potencia da voz, xunto ao piano, ou outros instrumentos”, aseguran desde o departamento de Cultura.
O mércores 25 de novembro arrinca unha nova edición, a quinta, do Ciclo Lírico de Ourense. Serán tres concertos temáticos, todos no Auditorio Municipal de Ourense, con comezo ás 20:30h, dentro dun programa variado, amplo e diferente. “Propostas para todos os gustos, para pechar os ollos e marabillarse ante a potencia da voz, xunto ao piano, ou outros instrumentos”, aseguran desde o departamento de Cultura.
Mércores 25, En terras alleas. O primeiro concerto terá como protagonista a música que deu a volta ao mundo. Neste ano no que se cumpre o quinto centenario da extraordinaria viaxe que demostrou que a Terra non era plana, capitaneado por Magalhães e Elcano, visitará a cidade o trío composto pola soprano Delia Agúndez, a viola de gamba de María Alejandra Saturno e Alicia Lázaro, co laúde. Gozaremos de músicas que foron desde a vella Europa á (nova) América e, enriquecidas, volveron. Porque, como todo, a música non para, está viva, muda e transfórmase con cada xeración.
Xoves 26, Os albores de lied. O segundo concerto levaranos ao centro de Europa, o berce da lírica, para escoitar os máis afamados lieds. A voz do baixo eslovaco Peter Keller, acompañado ao piano por Alejandro Picó-Leonís, porá en escena obras de compositores clásicos e imperdibles. Recordaremos o 250 aniversario do nacemento do mestre Beethoven e logo pasaremos a Schubert. Música imperdible, música inesquecible.
Venres 26, Homenaxe a NÓS. E para rematar esta edición do ciclo, deteremos a nosa viaxe na nosa terra, neste ano no que, tamén, conmemoramos o centenario da Xeración Nós. Como un acto máis en homenaxe, poderemos escoitar da voz de Nuria Lorenzo, mezzosoprano, acompañada ao piano por Alejo Amoedo, obras con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez. A noite, e o ciclo, rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.
As entradas para o ciclo xa poden adquirirse a través da plataforma aTaquilla a un prezo de oito euros.

Ourense, 20 de novembro de 2020.-
Este domingo, 22 de novembro, desde as 19:00 horas no Auditorio Municipal, o Concello de Ourense festexará a patroa da música, Santa Icía, cun concerto a cargo do Dúo Cassadó, formación de piano e violonchelo, dentro da programación do Ciclo Enclave de Cámara.
O Dúo Cassadó, formado polo violonchelista Damián Martínez Marco e a pianista Marta Moll de Alba, comezou a súa traxectoria artística no ano 2000 e desde entón recibiu o recoñecemento do público e da crítica internacional. O Dúo desenvolverá un programa con obras de Bach, Beethoven, Bloch e Pärt.
Damián Martínez, considerado un dos mellores violonchelistas da súa xeración, destacou a temperá idade pola recomendación de Mstislav Rostropovich á súa Maxestade raíña Dona Sofía. Recoñecido pola crítica especializada pola súa “sensibilidade expresiva” e o seu “exquisito son”, foi galardoado en concursos internacionais en Francia, España e Portugal.
A pianista Marta Moll de Alba está considerada como unha brillante representante dos pianistas da súa xeración. É gañadora en concursos de piano en Barcelona, Porto e Mannheim. En 2006 a Real Sociedade Económica de Amigos do País concedeulle o “Premio Gran Canaria”.
As entradas poden adquirise a través da plataforma A Taquilla ao prezo unitario de 8 euros.
O Ciclo Enclave de Cámara continuará en decembro, o xoves 3, coa presenza da Real Filharmonía de Galicia, co aforo xa completo.

Ourense, 10 de novembro de 2020.-
O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades. · O xoves 19 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Arden Producciones, representando a obra Shakespeare en Berlín. Trátase dunha peza Teatral destinada a todos os públicos. O prezo da entrada é de 8€.
· O domingo 22 de novembro, ás 12.00 h. na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Verdeveras Producións Artísticas, representando a obra Un Lugar Chamado Mundo. É unha peza músico-teatral dirixida a nenos e nenas. O prezo da entrada é de 3€.
· O domingo 22 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal do Auditorio, o Dúo Cassadó, Damian Martínez e Marta Moll de Alba, dará un concerto que forma parte do ciclo Enclave de Cámara, para festexar Santa Icía, Patroa da música. A entrada será de 8€.
----------
Durante esta semana tamén se poderá acceder a diferentes espazos expositivos e exposicións:
· Espazo expositivo de Arturo Baltar
· Claustro de San Francisco
· Museo Municipal: “Os nosos Fondos”, colección do Museo Municipal de Ourense
· Praza da República, entrada Biblioteca Nós: “Construíndo o Universo dende Ourense”, exposición polo centenario Nós.
· Sala Valente: “Os caprichos espidos”, Xosé Poldras.
O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Máis información na axenda de ourensecultura.gal.

Ourense, 10 de novembro de 2020.-
O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades.
• O xoves 12 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, primeira cita da tempada co Enclave de Cámara a cargo do Dúo del Valle, formado polos irmás Víctor e Luís del Valle. Interpretarán obras de Schubert, Corigliano e Ravel. O prezo da entrada é de 8€.
• O venres 13 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal, actuará a compañía Lila Teatro, representando a obra Rara avis. Trátase dunha peza teatral dirixida a público adulto. O prezo da entrada é de 5€.
• O sábado 14 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal, o Grupo Fiadeiro representará a obra A viaxe de José, unha peza músico-teatral dirixida a todos os públicos. A entrada será gratuíta até completar aforo.
• Por último, o domingo, 15 de novembro ás 18.00h, a Sala Principal estará reservada á Compañía Pérez & Fernández representando a obra Os nenos da variola. Trátase dunha peza teatral dirixida a todos os públicos. O prezo da entrada é de 5€.
O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
Animación de rúa: a festa desde a casa.
Co gallo de animar a cidadanía no día do San Martiño, patrón da cidade e data dunha das grandes festas locais, o Magosto, a Concellería de Cultura programou pasarrúas nos barrios da Ponte, O Couto, Mariñamansa / A Cuña, centro histórico, centro da cidade (coa presenza dos cabezudos) e Barrocás.
O obxectivo destas 13 funcións, en horario de 12:00 e 18:00 horas, non é outro que o de encher as rúas de música, animar a xente. Por este motivo, prégaselle á veciñanza que atendan as recomendacións das autoridades sanitarias e permanezan nas súas casas e evitar aglomeracións.

Ourense, 9 de novembro de 2020.-
A Concellería de Cultura organiza, para este mércores 11 de novembro, espectáculos musicais de rúa para animar a cidadanía no día do San Martiño, patrón da cidade. As actuacións das 13 formacións musicais serán itinerantes para evitar aglomeracións, así como chegar á maior parte das zonas da cidade.
Cada un dos percorridos terá saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas, e o percorrido da zona centro contará, ademais, coa presenza dos nove cabezudos.
----------
Barrio da Ponte
• Percorrido 1 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Praza da Mariña, Avda de Santiago, rúa do 21, rúa Río Corzos, rúa Madre de la Soledad de la Cruz, rúa Rio Mao, rúa Río Cobas, Praza da Mariña
• Percorrido 2 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Ponte Vella, Avda das Caldas, rúa Vicente Risco, rúa Francisca Herrera Garrido, avda de Santiago, Avda das Caldas, rúa Eulogio Gómez Franqueira, rúa Beato Sebastián Aparicio, rúa San Rosendo, Xesús Pousa, Basilio Álvarez, Avda das Caldas, Ponte Romana.
----------
O Couto
• Percorrido 1 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Rúa Ervedelo, rúa Velázquez, rúa Remedios, rúa Salvador Dalí, rúa Vila Real, Avda de Portugal, rúa Ervedelo.
• Percorrido 2 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Rúa Dr. Fleming, rúa Porto Carreiro, rúa Barbaña, rúa Salvador de Madariaga, Avda de Portugal, Rúa Carriarico, praza de Abastos.
----------
Mariñamansa / A Cuña
• Percorrido 1 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Xardín do Posío (parte de abaixo), avda de Zamora (rotonda), rúa Nosa Sra da Saínza, rúa Coruña.
• Percorrido 2 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Avda de Zamora (rotonda), Avda da Universidade, rúa Doctor Pena Rey, rúa Vasco Díaz Tanco, Avda de Zamora.
----------
Cidade vella
• Percorrido 1 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Xardín do Posío, rúa Xulio Prieto Nespereira, praza de San Cosme, rúa Manzaneda, rúa Pena Corneira, praza dos Suaves, praza do Trigo, rúa Modesto Fernández, praza Maior, rúa da Barreira, rúa Cervantes, praza da Ferrería, rúa do Vilar, rúa Lugo, rúa Xosé Ramón Fernández “Oxea”, Xardín do Posío.
----------
Centro
• Percorrido 1 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Praza Maior, rúa Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, rúa Santo Domingo, praza do Ferro, rúa da Paz, praza Santa Eufemia, rúa Lamas Carvajal, avda de Pontevedra, praza Bispo Cesáreo.
• Percorrido 2 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Praza das Mercedes, Avda Bos Aires, rúa Nova, rúa Camiño Caneiro, rúa A. Noriega Varela, rúa Alfonso Rodríguez Castelao, rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Valle Inclán, praza das Mercedes.
• Percorrido 3 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Curros Enríquez (diante Subdelegación), rúa Antonio Sáenz-Díez, rúa Florentino Cuevillas, rúa Habana (cara abaixo), rúa Concello, rúa Xoan XXIII, rúa Habana, rúa Curros Enríquez(cara Subdelegación) rúa Concello, rúa Xoan XXIII, rúa Progreso, Alameda.
• Percorrido 4 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Rúa Pena Trevinca, rúa Emilia Pardo Bazán, Avda da Habana, rúa Ramón Cabanillas, Parque das Mercedes.
----------
Barrocás
• Percorrido 1 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Rúa Chano Piñeiro, rúa Carlos Velo, rúa José Gil, rúa Cesáreo González, rúa Eligio González, rúa José Gil, rúa Carlos Velo, rúa Antonio Román, rúa de Barrocás, rúa Chano Piñeiro.
• Percorrido 2 (saídas ás 12:00 e ás 18:00 horas)
Rúa Barrocás (arriba), rúa da Granxa, rúa Pena Redonda, rúa da Inmaculada, rúa Bispo Blanco Nájera, rúa Travesa, rúa Eirexa, rúa Cega, rúa Diego Sarmiento A Cuña, rúa Lumieira, barrio Pena Redonda, rúa Inmaculada, rúa da Granxa, rúa Serra de Queixa.
----------
----------
Formacións: Os Lubicáns (Ourense), Os Viqueiras de Ordes (dúas formacións), De pé feito (Ourense), De par en par (Ourense), O gaiteiro de Poio (Santiago), Airiños de Caldelas (Castro Caldelas), Pandereteiras de Celavella (Celanova), Os Daniñas (Ourense), Os Carunchos (Vigo), Os Carapaus (Santiago), Gaitas de aquí e de alá (Ourense), e Faíscas da Pontagra

Ourense, 4 de novembro 2020.-
Programa do ciclo Enclave de Cámara.
O Concello de Ourense, a través da Concellaría de Cultura ten programado para o mes de novembro cinco eventos musicais, dous concertos do ciclo Enclave de Cámara, que se consolida como evento estable de música de cámara.
O Concello de Ourense, a través da Concellaría de Cultura ten programado para o mes de novembro cinco eventos musicais, dous concertos do ciclo Enclave de Cámara, que se consolida como evento estable de música de cámara.
• 12 de novembro, xoves, ás 20:30h, no Auditorio, teremos o concerto do Dúo del Valle (programa de man).
• 22 de novembro, domingo, ás 19:00h, no Auditorio, teremos o concerto do Dúo Cassadó, para festexar a patroa da música, santa Icía.
Para rematar o mes teremos, tamén no Auditorio, a quinta edición do Ciclo Lírico, con tres imperdibles concertos:
• 25 de novembro: En terras alleas, cen anos de música viaxeira, un programa conmemorativo do quinto centenario da primeira volta ao mundo Magallanes-Elcano.
Será un fascinante percorrido musical renacentista da man de mestres de capela viaxeiros, con músicas que dan fe da mestura musical na Europa do século XVI da man da soprano Delia Agúndez, xunto a María Alejandra Saturno coa viola de gambia e Alicia Lázaro ao laud.
• 26 de novembro: Os albores do Lied, Beethoven e Schubert, con Tobias Berndt, barítono, e Alejandro Picó-Leonís ao piano.
Co barítono austríaco Tobias Berndt e co prestixioso pianista acompañante Alejandro Picó-Leonís faremos un percorrido pola lírica máis internacional, polo lied de Schubert e Beethoven, un itinerario pola lírica clásica europea.
• 27 de novembro: A lírica galega, con Nuria Lorenzo, mezzosoprano, e Alejo Amoedo ao piano.
Será unha homenaxe ao Ano Nós no que estamos inmersos na cidade. Así, Nuria Lorenzo, mezzosoprano, acompañada ao piano de Alejo Amoedo, ofrecerannos un concerto con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez.
A noite rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.

- O aforo dos espectaculos poderá variar en función das medidas sanitarias que rexan en cada momento
Ourense, 2 de novembro 2020
O Concello de Ourense, a través da concellería de Cultura, desenvolverá no mes de novembro as seguintes actividades no Auditorio Municipal.
As entradas poderán recollerse en www.ataquilla.com, sala de exposicións Afundación e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
O aforo na situación actual sería de 30 persoas, si ben podería aumentar en función das medidas sanitarias que vaian adoptando as autoridades competentes.
Xoves, 5 de novembro, as 20.30h na Sala Principal: "Cinco Mulleres que comen tortilla”.
• Compañía: Señora Supina
• Obra teatral dirixida a público adulto.
• Entrada: 5€
Domingo, 8 de novembro, as 12.00h, na Sala Principal: Pinconús.
• Compañía: Pinconús Teatro
• Obra Teatral dirixida a nenos e nenas.
• Entrada: 3€
Venres, 13 de novembro, as 20.30h, na Sala Principal: "Rara avis".
• Compañía: Lila Teatro
• Obra teatral dirixida a público adulto.
• Entrada: 5€
Sábado, 14 de novembro, as 19.00h, na sala principal: “A viaxe de José”
• Compañía: Grupo Fiadeiro.
• Obra músico-teatral dirixida a tódolos públicos
• Entrada: Gratuíta, até completar aforo
Domingo, 15 de novembro, as 18.00h, na Sala Principal: "Os nenos da Variola”.
• Compañía: Pérez&Fernández
• Obra teatral dirixida a tódolos públicos.
• Entrada: 5€
Xoves, 19 de novembro, as 20.30h, na Sala Principal: "Shakespeare en Berlin".
• Compañía: Arden Produciones
• Obra teatral dirixida a público adulto.
• Entrada: 8€
Domingo, 22 de novembro, as 12.00h, na Sala Principal: “"Un lugar chamado mundo".
• Compañía: Verdeveras Produccións artísticas
• Conto musical teatral, dirixida a público infantil.
• Entrada: 3€
Sábado, 28 de novembro, as 18.00h, na Sala Principal: “Os Bolechas”.
• Obra dirixida a nenos e nenas.
• Entrada: Grratuíta, até completar aforo.
Domingo, 29 de novembro, as 12.00h, na Sala Principal: "Rosalía".
• Compañía: Culturaactiva
• Obra teatral dirixida a público infantil.
• Entrada: 3 €
------
Asemade, os días 25. 26 e 27 de novembro celebrarase o V Ciclo Lírico da Cidade de Ourense, no Teatro Principal.
Mércores, 25 de novembro, as 20.30h: “En terras alleas”. Cen anos de música viaxeira.
• Intérpretes: Delia Agúndez (soprano), María Alejandra Saturno (viola de gamba) e Alicia Lázaro (laúd)
• Entrada: 8€
Xoves, 26 de novembro, as 20.30h: “Os albores do Lied”. Beethoven & Schubert.
• Interpretes: Tobias Berndt (barítono) e Alejandro Picó-Leonis (piano).
• Entrada: 8€
Venres, 27 de novembro, as 20.30h: Homenaxe ao Ano Nós. Concerto con textos de Pedrayo, Risco e Cuevillas, así como outros de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, ou Curros Enríquez
• Lírica galega
• Interpretes: Nuria Lorenzo (mezzosoprano) e Alejo Amoedo (piano).
• A noite rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.
• Entrada: 8€
------
Por último, desenvolveranse no mes de novembro dous actos do ciclo Enclave de Cámara:
Xoves, 12 de novembro, as 20.30h, no Auditorio Principal: Concerto do Dúo del Valle.
• Interpretes: Victor e Luis del Valle.
• Entradas: 8€
Domingo, 22 de novembro, as 20.30h, no Auditorio Principal: Concerto do Dúo Cassadó, para festexar á Patroa da Música
• Interpretes: Damian Martínez Marco (violonchelo) e Marta Moll de Alba (piano)
• Entrada: 8€

Ourense, outubro de 2020.-
O Concello de Ourense outórgalle o XXI Premio Risco de Creación Literaria a Xesús Manuel Marcos pola súa obra Lousas. O xurado, composto por María Beatriz Arias Fernández, Mila da Aira López e Jorge Llorca -gañador da edición anterior- e, actuando como presidente, o xefe de Sección de Cultura, Manuel Freire Cid, valora “a historia que conta, que á vez son moitas historias, fálanos de algo próximo, recoñecible, e lévanos a pensar sobre as condutas humanas e os intereses que as moven”.
Recoñécelle o xurado a forma na que está narrada: “Eficaz, quere isto dicir ao servizo da historia, e non de quen a escribe”, pero tamén destaca a súa “estrutura, o tempo literario, a precisión da linguaxe, as maneiras de contar e suxerir para que todo flúa nunha lectura capaz de seducirnos ata o final”. En definitiva, reza o fallo do xurado, “unha novela madura, correcta, ben feita, que nos devolve ao pracer da lectura”.
Xesús Manuel Marcos recibirá 6.000 euros e a publicación da obra, editada polo Concello de Ourense. Ademais, formará parte do Xurado na seguinte edición.
Presentáronse ao premio literario 10 orixinais, dos que dous foron desbotados por viren defectuosos.