CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • Volver

    Trátase da contratación, mediante procedemento aberto con múltiples criterios de adxudicación e regulación harmonizada, dos servizos técnicos do auditorio municipal do Concello de Ourense. 

    Avisos:Fin prazo presentación de ofertas: 18 de maio de 2013, de 09:00 a 14:00 horas.
    Número de expediente:Ref. 2253
    Tipo de contrato:Servizos
    Importe:27,83 euros por hora (IVE incluído)
    Fin presentación de Plicas:Fin prazo presentación de ofertas: 18 de maio de 2013, de 09:00 a 14:00 horas.
    Apertura de Plicas:O acto de apertura de proposicións do sobre núm. 2 terá lugar nun prazo non superior a 7 días a contar dende a apertura da documentación administrativa. Este acto será público e a determinación do día e hora realizarase mediante anuncio no PERFIL DO CONTRATANTE (www.ourense.es). A apertura da oferta económica realizarase unha vez valorados os criterios non cuantificables automaticamente. O acto igualmente será público e anunciarase no PERFIL DO CONTRATANTE (www.ourense.es)

    http://www.ourense.es/portalOurense/fdoc_d4_v1.jsp?contenido=12185&tipo=5&nivel=1400&language=gl&codMenu=136&codMenuPrimerNivel=1&codMenuSegundoNivel=73 
    Ourense, 19 de marzo de 2013.-A igrexa de Santa María Nai será escenario da representación do Auto de Pasión segoviano El Misterio del Cristo de los Gascones. Será o vindeiro sábado día 23 ás 20.00 h, e a entrada é de balde. 
    A obra creouse fai seis anos a raíz dun encargo da Xunta de Cofrarías de Segovia para celebrar o centenario da procesión máis famosa, a procesión dos pasos do Venres Santo. Desde esas, El Misterio del Cristo de los Gascones, converteuse no espectáculo máis emblemático da compañía Nao d´amores - dirixida por Ana Zamora, e un colectivo de profesionais procedente do teatro clásico -, e transitou con gran éxito o repertorio prebarroco español.  
    Ourense, 14 de marzo de 2013.-Esta mañá presentouse no Liceo a homenaxe a o compositor italiano Verdi, que terá lugar o vindeiro sábado 16 ás 20.30 h no Auditorio Municipal, con prezos de 15 € e 12 €.
    O espectáculo denominado Viva Verdi está concevido coma unha homenaxe ao gran compositor italiano Giuseppe Verdi (Le Roncole, Parma 10 de outubro de 1813 – Milán, 27 de xaneiro de 1901) no 200 aniversario do seu nacemento. No seu tempo Verdi non foi somentes un músico popular, senón o espíritu do Risorgimento, o movemento independentista e de unidade de Italia. 
    Ourense, 12 de marzo de 2013.-Como cada ano, quince días antes da Semana Santa, a celebración de San Lázaro marca a benvida da primavera. 
    A quinta tempada do ciclo Sen Batuta continúa avanzando, e como todos os primerios xoves de mes, volve hoxe ao Paraninfo do IES Otero Pedrayo. Será primeiro cunha charla – coloquio ás 19.30 h e unha hora máis tarde, co concerto que ofrecerá o grupo Dali Duo
    Ourense, 28 de febreiro de 2012.-Esta mañá presentouse a nova exposición que estará ata o 31 de marzo nas Salas I e II do Museo Municipal. Esculturas de Antonio Blanco e pinturas de Álvarez Domínguez, ámbolos dous, artistas ourensáns comprometidos. A inauguración será esta tarde ás 20.00 h. 
    Ourense, 25 de febreiro de 2013.
    O vindeiro mércores 27 de febreiro terá lugar no Auditorio ás 20.30 h, o concerto do pianista Alexey Chernov.
    Alexey Chernov, está considerado como o mellor pianista novel na final do XXVI prestixioso concurso internacional de piano “Cidade de Ferrol” cunha obra do seu compatriota Tchaikovsky, que interpretou na gran final do teatro Jofre xunto á Oquestra Sinfónica de Galicia. O concerto está organizado pola sociedade Philarmónica Ourensá coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello, e a entrada é de balde. 
    Hoxe festéxase en todo o Mundo o día da lingua materna. O Concello de Ourense, a través da Concellería de Normalización Lingüística, súmase a esta iniciativa, convidando á celebración deste día a toda a cidadanía para que acheguen a súa visión individual sobre o uso da língua propia.
    Desta forma, presentouse a campaña Gústame o Galego!, unha iniciativa da coordenadora de traballadores/as pola normalización lingüística, que logo de percorrer varias cidades galegas, desembarca o sábado día 23 en Ourense. Será no 2º andar do Centro Comercial Ponte Vella en horario de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas. 
    Páxinas: Primeiro ... 76 77 78 79 80 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica