CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • Volver

    Ourense, 20 de febreiro de 2013.-O artista Joaquín Reyes estará o vindeiro venres ás 21.30 h no Auditorio, onde nos deleitará co seu espectáculo Soy especial. Ao día seguínte, o sábado ás 21.00 h, actuarán os Pink Tones, que farán un tributo aos míticos Pink Floyd.
    Teatro Infantil
    A maiores destes espectáculos, tal e como ven sendo habitual os domingos – agás o segundo – de cada mes, hai teatro infantil. Este domingo día 24 o Auditorio albergará El Principito, a versión teatral do famoso libro. Na historia se ven desfilar todas as personaxes do conto, os mesmos que nos convidan a unha viaxe emotiva e que, xunto aos dos narradores, fannos vivir a aventura do descubrimento. A actividade é ás 12.00 h e ten un prezo de 3 €. 
    Traballo feito polo Obradoiro - Escola de Instrumentos Populares da Deputación de Ourense dirixido por MANUEL BRAÑAS
    O proxecto de reconstrución dos instrumentos esculpidos na pedra que hai no Pórtico do Paraíso da nosa catedral foi preconcibido por Manuel Brañas, director do Obradoiro de Instrumentos Populares da Deputación de Ourense, quen pensou que sería de grande importancia cultural e histórica achegar novos datos para o coñecemento da música medieval.

    Un feito que ía facilitar este labor foi a participación do Obradoiro ourensán na reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, aínda que daquela o Obradoiro da Deputación xa reconstruíra o organistrum, quizais o máis complicado de todos. Tras un traballo minucioso de investigación e habilidade artesanal, no que se intentou gardar a máxima fidelidade ao modelo escultórico e que os instrumentos tivesen unhas proporcións adecuadas aos músicos, rematouse a tarefa no ano 1993. O grupo Ars Combinatoria estrearía as réplicas cun concerto na Catedral de Ourense o día 1 de outubro dese ano. 
    Dende esta tarde, e durante dez días, a cidade de Ourense acollerá a sexta edición do Festival de Música Internacional Pórtico do Paraíso, ao longo de cinco escenarios diferentes, ademáis de actividades paralelas que complementan o programa de concertos. O Festival, organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Asociación Pórtico Musical, o Teatro Principal e a Deputación de Ourense, da comezo esta tarde a partir das 20 h. coa inauguración dunha exposición no Museo Municipal sobre “A reconstrucción dos instrumentos do Pórtico do Paraíso”, á que asistirá a concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido.
     
    A exposición é un traballo dirixido polo director do Obradoiro de Instrumentos Musicales da Deputación de Ourense, que recolle o proxecto de reconstrución dos instrumentos esculpidos na pedra que hai no Pórtico do Paraíso da Catedral, con datos sobre o coñecemento da música medieval, coa importancia cultural e histórica que conleva. O propio Obradoiro ourensán participou na reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, o que facilitou este labor. 
    Ourense, 13 de febreiro de 2013

    A obra de teatro Gaivotas Subterráneas, que se presentou esta mañá, estréase na cidade este venres 15. Será no Auditorio ás 20.30 h, e ten un prezo de 10 €. Gaivotas Subterráneas é unha obra de Alfonso Vallejo, que narra relacións humanas neste caso sobre dous vellos amigos.
    Trátase da última producción de Talía Teatro, trata a historia de Nino Carpio, que traballa nunha empresa de seguros, e que busca a Mario – músico e amigo da infancia – ao que convence para que lle axude a conseguir unha importante suma de diñeiro do seu seguro de vida. Nino atopou a un home coas súas características físicas, ao que, unha vez morto, desenterran e visten con roupas e obxectos do propio Nino. Provocan un accidente no seu coche, co morto dentro, para facer crer que o morto é Nino Carpio. A súa muller Lena poderá así cobrar os cartos do seguro, dos que Nino disfrutará con outra identidade. Alfonso Vallejo crea en “Gaivotas Subterráneas” unha inquietante atmósfera arredor da relación de dous vellos amigos, que nos permite desfrutar dun combate escénico entre os actores Xabier Deive e Luis Iglesias, baixo da dirección de Artur Trillo.

    Teatro Infantil
    A maiores desta actividade, o Auditorio alberga este domingo 17 unha nova actuación da programación infantil. Será á hora habitual, ás 12.00 h e cun custe de 3 €. Os máis pequenos poderán gozar coa A verdadeira historia de Robinsón Crusoe e venres, unha delirante e tola comedia que dará a coñecer máis a fondo o día a día do noso protagonista xunto co seu servinte, e tamén compañeiro e amigo. 
    Mañá sábado a orquestra Ledicia actuará a partir das 20.30 h na Praza Maior. O luns será o turno da orquestra Trébol á mesma hora. Éstas actuacións súmanse ao concerto do Sonoro Maxín, que é o luns na Praza do Correxidor a partir das 00.00.  
    Ourense, 8 de febreiro de 2013.-O domingo día 10 terá lugar o desfile de carrozas e comparsas deste Entroido 2013, para o que xa hai máis de 60 inscritas. Este desfile, que xa é toda unha tradición, celebra o seu 25º aniversario. Como é habitual cada ano, a partir das 16.00 h habilitarase o carril de servizo desde a explanada da Policía Nacional ata a zona da Escola de Idiomas, para que vaian estacionando as carrozas. A partir das 17.00 h procederase ao corte progresivo das rúas Curros Enríquez, Concello, Xoan XXIII, Progreso e Doctor Marañón.
    Desfile Frei Canedo da Ponte
    O barrio da Ponte tamén terá desfile de comparsas de Entroido. Será o día da súa festa grande, o luns 11, a partir das 20.30 h desde a Ponte Romana. Por este motivo cortarase a Avenida das Caldas, a rúa Jesús Pousa (á altura da maquina do tren) e a rúa San Rosendo, para rematar outra vez na Ponte Romana. 
    Trátase dos cadros Desastres I, do ano 2012, que executada cunha técnica mixta sobre cartón e tabla, cumple cunhas medidas de 154 cm. x 104 cm. Do mesmo xeito deixa en depósito Desastres II, engadindo a cumplimentación artística das dúas obras. Esta tamén do ano 2012, técnica mixta sobre cartón e tabla medindo 156 cm x 106 cm. Lazcano expresa o seu agradecemento, implicación profesional e interese artístico – cultural do Museo Municipal pola difusión e apoio coas artistas e a súa traxectoria artística dos ourensáns en particular e galegos en xeral. Deste xeito o Museo alcanza o número de inventario nos seus Fondos 1266.  
    Ourense, 7 de febreiro de 2013.-Xa non queda nada para que comece de forma oficial o Entroido 2013. Esta é unha das mais arraigadas celebracións do noso ciclo festivo, e desde logo este ano non vai a ser menos. Para que os veciños e veciñas e tamén os que nos visitan, estes días a cidade de Ourense ten preparada unha ampla oferta de actividades para que toda a xente desfrute do Entroido por todo o alto.
    Mañá venres, a partir das 21.00 h na Praza Maior, terá lugar o primeiro gran evento destes días, o pregón. Ao rematar sairá da propia Praza Maior unha ruada cos Festicultores, que animarán como se merecen as rúas da Cidade Vella. A eles uniráselles a partir das 23.00 h máis animación de rúa coas charangas Dr Antxoa, Trópico de Grelos e Mekánika. Ademais, a partir das 00.00 na Praza do Correxidor haberá sesión Dj´s. 
    Páxinas: Primeiro ... 76 77 78 79 80 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica