CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • Concello de Ourense - Cultura - CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO

    Volver

    Ourense, abril de 2017.

    O Claustro de San Francisco abrirá co seu horario habitual o xoves e venres desta semana, malia ser días festivos. O recinto abrirá en horario de de 11.30 a 13.30 horas, pola mañá, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. O resto das semana, o claustro gótico manterá os seus horarios habituais: sábado de 11:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas e domingo só pola mañá (de 11:30 a 13.30 horas). O luns permanecerá pechado, como é habitual, por descanso do persoal. 

     

    Ourense, 10 de marzo de 2017.

    O Claustro de San Francisco manterase pechado até o martes 14 ao público por obras de mellora e remodelación na súa estrutura. As actuacións na contorna, tanto das novas instalacións da Biblioteca Pública coma do futuro espazo museístico, avanzan a bo ritmo pero obrigan a facer unha serie de melloras no resto dos edificios lindeiros.

     

    O Claustro de San Francisco volverá ao seu horario habitual, de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas, polas mañás, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.

     

    Ourense, setembro de 2016.

    O Claustro de San Francisco inicia hoxe o novo horario de inverno, adaptándose así ao calendario invernal. Así, o Claustro abrirá ao público de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas, polas mañás, e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde. Os luns permanecerá pechado, por descanso do persoal, así coma os domingos pola tarde.

    • Martes a Sábado: 11:30 / 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

    • Domingos: de 11:30 a 13:30 horas.

     

    Ourense, 14 de xuño de 2016.

    O Claustro de San Francisco comeza mañá o seu horario de tempada estival, permanecendo aberto de 11:30 a 13:30 horas polas mañás, coma o resto do ano, e de 18.30 a 21.30 horas pola tarde, adaptándose ás horas de luz. Este espazo permanece aberto de martes a domingos, sendo o luns o día de descanso.

     

    O primeiro espectáculo que se celebrará no Claustro con este novo horario é a IV Gala Internacional Sólodos en Danza, mañá mércores e o xoves ás 20:30 horas con entrada de balde., unha proposta escénica creada e organizada en exclusiva para o propio espazo de San Francisco. Un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, espazo de intercambio artístico entre creadores de América Latina (Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Mexico, Brasil) e Europa (España, Italia, Alemaña).

     

    O Centro Cultural Ángel Valente acollerase igualmente a este horario a partir de mañá.

     
    Ourense, mércores 8 de xullo de 2015.- Unha das columnas que compoñen o Claustro de San Francisco, volve a lucir no seu lugar de orixe trala rápida reparación levada a cabo por parte do Concello de Ourense.
    O problema no fuste, que presentaba dúas fracturas, foi detectado por empregados municipais. De seguido deron conta da situación aos técnicos municipais de Patrimonio -arqueólogo e arquitecto-, que informaron ao Ministerio de Cultura sobre a incidencia. Estes días tivo lugar a reparación, que foi realizada polos técnicos municipais baixo as directrices do Ministerio de Cultura. 
    Ourense, 30 de setembro de 2014.-A partir de mañá día 1 de outubro, entra en funcionamento o horario de inverno do Claustro de San Francisco, que modifica a apertura ás tardes, pasando a abrir entre ás 17 h e ás 20 h. O horario de funcionamento queda da seguinte maneira: de martes a sábados entre ás 11.30 h e as 13.30 h e de 17 h as 20 h. Os domingos abre polas mañás, e o luns permanece pechado.
     
    Ao longo deste 2014, xa son máis de 6.200 as persoas que visitaron o Claustro de San Francisco. Dende a súa reapertura – xuño de 2013 -, este importante espazo cultural da cidade acolleu a visita de 13.861 persoas. 
    Ourense, 30 de abril de 2014.-Con motivo da época de primavera e verán, a partir do vindeiro venres día 2 de maio, o Claustro de San Francisco modifica o seu horario de tarde, para abrir entre ás 18 h e as 21 h.
    Desta forma o horario deste espazo expositivo queda da seguinte maneira: apertura de martes a sábado entre as 11.30 h e 13.30 h e pola tarde entre as 18 h e as 21 h. Os domingo abre unicamente de mañá, e os luns permanece pechado.
     
    O Claustro de San Francisco, foi reaberto ao público polo Concello de Ourense en xuño do pasado ano. Dende a súa apertura de novo ata esta semana un total de 9.354 persoas visitaron o Claustro. 
    -        O Espazo terá horario de inverno de 11.00h a 13.30h polas mañás e de 17h a 20h polas tardes de martes a sábado e os domingos de 11.30h a 13.30h
     
    -        O espazo recibiu 5.305 visitas dende a súa apertura hai 4 meses, unha media de 57 visitas ao día
     
    Ourense, 18 de outubro de 2013
     
    Dende hoxe, o Claustro de San Francisco, abrirá de martes a sábado de 11.00h a 13.30h e de 17.00h a 20.00h, e os domingos de 11.30h a 13.30h, durante os meses de outono e inverno. O recinto que xestiona actualmente a Concellería de Cultura abriu as súas portas o 27 de xuño, adaptou o seu horario de apertura ás circunstancias climatolóxicas dos meses de verán, polas tardes de 18.30h a 21.30h, que agora se adapta ao horario de inverno, mantendo os horarios de mañá.
     
    Máis de 5.000 visitas ao claustro de San Francisco en 4 meses
     
    A ansiada reapertura dunha das pezas máis significativas do patrimonio monumental de Ourense non pasou desapercibida. Reaberto ao público o 27 de xuño cun concerto, unha vez rematadas as obras do novo acceso ao recinto histórico, o claustro recibiu un total de 5.305 visitas, cunha media de 57 persoas diarias.
     
    Así, multitude de peregrinos, ourensáns que realizaron os servizo militar no recinto, investigadores, e mesmo un grupo de escolares entre 6 e 13 anos percorreron o histórico claustro, desfrutando tanto da arquitectura como do xardín central do mesmo. O perfil do visitante é un varón duns 45 anos, en grupos de entre 3 e 5 persoas.
     
    O proxecto de rehabilitación
     
    O claustro do século XIV e o seu deambulatorio mantéñense íntegramente, acondicionando o espacio central axardinado e renovando os vellos alcorques das catro palmeiras para reconvertelos nun lugar de asento desde o que desfrutar da valiosa identidade arquitectónica do conxunto franciscano.
     
    Os ocos perimetrais de fiestras e portas pecharanse con vidros blancos cun deseño e xeometría que respeta todo o traballo de sillería dos marcos e levando á mínima expresión todos aqueles elementos provisionais que se incorporan.
     
    O proxecto axústase á normativa urbanística da zona: estudio de detalle da zona 7.1 do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Ourense), nun inmoble, o convento de San Francisco, declarado Ben de Interese Cultural, e recollido na ficha de catálogo da normativa do PERI con protección integral. O proxecto non modifica as superficies construidas do proxecto orixinal do edificio histórico, mantendo íntegramente a estrutura do antigo convento. 
    Páxinas: 1 2 3 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica