CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • Concello de Ourense - Cultura - CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO

    Volver

    Ourense, xuño de 2013.- O pasado xoves día 27, abriuse ao público o claustro gótico do antigo convento de San Francisco, tralas obras realizadas de novo acceso ao recinto histórico. O alcalde, Agustín Fernández, xunto a outros  membros da corporación asistiron á apertura ao público do recinto, que se celebrou ao compás dun concerto do quinteto portugués “Mi contra Fa”.
     
    A apertura ao público responde á sinatura dun convenio entre o Concello de Ourense e o Ministerio de Cultura, mediante o cal o Concello asume a xestión de apertura, vixilancia e mantemento do claustro, que constitúe unha das pezas máis relevantes do patrimonio histórico-cultural da cidade.
     
    As obras realizadas son independentes do proxecto xeral do Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública, e significan a apertura dunha das pezas máis significativas do patrimonio monumental de Ourense que permanece pechado dende hai varios anos. Así, incorporase un acceso provisional ao claustro que posibilita que este Ben de Interese Cultural poida ser visitado mentres duren as obras de reforma de todo o complexo cultural de San Francisco.
     
    O proxecto tivo como premisa buscar un diálogo arquitectónico co preexistente, cedendo protagonismo ó exterior do claustro. A nave principal da desaparecida igrexa de San Francisco é a nova entrada, á carón do claustro gótico que se manterá integramente co acondicionamento do seu espacio central axardinado, aproveitando a súa ubicación privilexiada e a súa carga simbólica.
     
    O conxunto edificado componse volumétricamente de varias naves que se desenvolven arredor dambos claustros, e se abren a eles a través de varios ocos (fiestras e portas), que foron pechadas para evitar interferencias entre os visitantes do claustro e as futuras obras do resto do convento.
     
    Nova peza como acceso
     
    A actuación centrou os seus esforzos en definir unha entrada segura e alternativa á convencional aproveitando un lugar privilexiado e de gran carga simbólica, como é a nave principal da desaparecida igrexa de San Francisco. Esta nave atópase ao carón do claustro, paralela á galería sur (entre o edificio histórico e o edificio do Albergue de Peregrinos), mentres que a cabeceira e a fachada foron trasladadas ao parque de San Lázaro en 1929, onde se reconstruíu.
     
    O claustro estará aberto ao público de martes a sábado, de 11:30 h. a 13:30, e de 17:00 a 20:00 h.; e o domingo, de 11:30 a 13:30 h. 
    Páxinas: 1 2 3 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica