- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO


O claustro de San Francisco acollerá o próximo mércores, 25 de setembro, unha nova cita coa música de cámara, co concerto "Essemble Hotteterre no camiño. A gaita de fol no barroco”, ás 20:30 horas, con entrada gratuíta. O concerto do grupo de cámara residente da Fundación Vicente Risco está organizado pola Fundación coa colaboración da Xunta de Galicia, entro da programación do Xacobeo 2021, e o Concello de Ourense, e pretende dar a coñecer as innovacións que no mundo da música de cámara realizou Jacques-M. Hotteterre, músico da corte de Luís XIV e Luís XV de Francia, e un dos máximos representantes do uso da gaita da denominada música erudita.

O Claustro de San Francisco modifica o horario que tiña en verán, pasando a abrir polas tardes de 17.00 a 20.00 horas. Este cambio vén sendo habitual os últimos anos, para adaptarse ás horas de luz. O Claustro de San Francisco permanece aberto de martes sábados, entre 11.30 horas e 13.30 horas, e entre 17.00 horas e 20.00 horas. Os domingos abre só en horario de mañá, e o luns pecha por descanso.



- O monumento, do século XIV, adáptase ás horas de luz do verán.
- O resto dos espazos expositivos manteñen o horario de apertura normal.

Ourense, setembro de 2017.-
O Claustro de San Francisco modifica o horario que tiña en verán, pasando a abrir polas tardes de 17 a 20 horas. Este cambio vén sendo habitual os últimos anos, para adaptarse ás horas de luz.
O Claustro de San Francisco permanece aberto de martes sábados, entre 11.30h e 13.30h, e entre 17h e 20h. Os domingos abre pola mañá e o luns pecha por descanso.

Ourense, 14 de xuño de 2017.
O Claustro de San Francisco, un espazo con máis de 700 anos de historia, acollerá os mellores artistas de danza contemporánea do momento. Será no marco do festival Danza no Claustro SóloDos 2017, que se desenvolverá o xoves 15 e venres 16 con entrada gratuíta. “Trátase dunha proposta escénica exclusiva para o Claustro de San Francisco, un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, que farán que a visita ao Claustro sexa un evento único”, en palabras de Maruxa Salas.
A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, animou a todos os ourensáns a pasar por “este marabilloso espazo a gozar con este innovador e contemporáneo espectáculo”. Entre os artistas que pasarán polo Claustro, Esther Latorre, Hugo Pereira, César Ibarra, Daniela Vázquez, Noemí Sánchez, Elisa Medina ou a xaponesa Emi Ogura, que interpretará MADAM BUTTEBUTTERFLY, unha performance na que mesturará “audacia e modestia”.
Toda a información sobre o evento: SOLODOS