CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • 700 cabazas e actividades nas prazas da zona vella para celebrar o día do Samaín en familia

    Ourense, 26 de outubro de 2015.

    A festividade do Samaín encherá de vida as prazas da zona vella da cidade este sábado 31 de outubro. As actividades están dirixidas aos máis cativos, pero a Concellería de Cultura quere implicar tamén a toda a familia. Comezarán ás 17:00 horas, con obradoiros de baleirado de cabazas -repartiranse un total de 700-, e rematarán cunha grande festa na Praza Maior con música e xogos para todos.

    O Samaín celébrase hai milleiros de anos en todo o territorio celta a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro con motivo do peche da tempada de colleitas e a chegada do inverno”, lembraba a concelleira de Cultura, Belén Iglesias. “Moitos coinciden en sinalalo coma a orixe das tradicións asociadas aos mortos, da que se derivan, entre outras, o Halloween anglosaxón, porque a tradición é a mesma: espantar os malos espíritos nas noites de transición entre o verán e o inverno”, dixo. Este 2015, e debido ao éxito de pasadas edicións, a Concellería ampliou significativamente o número de actividades.

    Ás 12:00 horas haberá unha sesión de contacontos na praza de San Cosmede e Damián, e dende as 17:00 horas organízanse diferentes obradoiros nas prazas de Saco e Arce, praza da Imprenta e praza de Manuel Sueiro. A partir das 19:30 horas haberá un desfile de cabazas co seguinte percorrido: praza de Saco e Arce, praza Maior, rúa da Liberdade, praza de San Marcial, Hernán Cortés, praza das Damas e praza Maior, onde se celebrará a fin de festa.

    Na rolda de prensa presentouse tamén o cartel para esta edición, obra do artista Moncho Barazeiro, elixido de entre as propostas presentadas a concurso.

     

    PROGRAMACIÓN SAMAÍN 2015

     

    12.00 h Contacontos de Servando Barreiros

    Lugar: Praza San Cosme e San Damián

    Organiza: A Galleira

     

    17.00 h Taller de Baleirado de cabazas

    Lugar: Praza Saco e Arce

     

    17.30 h Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lles dará a coñecer aos cativos e cativas a orixe do Samaín

    Lugar: Praza da Imprenta

    Duración: pases de 15 min

     

    17.30 h Obradoiro “ O bosque dos Druídas”

    Os druídas cumprían un papel importante no Samaín xa que realizaban as pócemas de purificación e ritos para protexer a aldea. Os participantes realizarán saquiños con herbas recollidas polos druídas

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

     

    17.30 h Obradoiro: “Os fachóns do Samaín”

    Outra das tradicións celtas era facer una fogueira onde os habitantes da aldea queimaban ofrendas. Realizaranse fachóns que os participantes levarán no desfile

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

     

    17.30 h Taller de maquillaxe

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

     

    17.30 h Obradoiro de enfeltrado de figuras de Samaín

    Lugar: Praza Manuel Sueiro

     

    19.30 h Desfile de Cabazas

    Percorrido: Praza Saco e Arce, rúa Liberdade, praza San Marcial, Hernán Cortes, praza das Damas e praza Maior

     

    Ao rematar baile e festa na Praza Maior.


    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica