CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • O Concello de Ourense retoma a convocatoria aos escolares da cidade para que elaboren o cartel anunciador da festividade de Nadal

    Ourense, 18 de novembro de 2015.-
     
    O Concello de Ourense retoma a convocatoria aos escolares da cidade para que elaboren o cartel anunciador da festividade de Nadal, tal e como xa se fixera no mandato municipal comprendido entre os anos 2003-2007.
     
    As bases pódense consultar na web da Concellería de Cultura: http://www.ourensecultura.com/Avisos/detalles/48.
     
    O concurso está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria do Concello de Ourense. Cada colexio poderá presentar dous traballos.
     
    O prazo límite para presentar os traballos no Rexistro Xeral remata o 1 de decembro ás 14:00 horas.
     
    BASES DO CONCURSO PARA O DESEÑO DO CARTEL DO NADAL 2015
     
    1.TEMÁTICA: O cartel será representativo e estará relacionado coa festividade de Nadal.
     
    2.FORMATO: Os deseños presentaranse en formato A4, a técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes para que destaquen unha vez impresos.
     
    3.PARTICIPANTES: Está dirixido ao alumnado de 6º de Primaria da demarcación do Concello de Ourense. Cada colexio poderá presentar dous traballos.
     
    4.RECEPCIÓN DAS OBRAS: Os traballos deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense nun sobre, onde figurará “Concurso cartel Nadal 2015” e debaixo un pseudónimo ou lema. Dentro estará o traballo e, nun sobre pechado, figurará por fora o mesmo pseudónimo ou lema e dentro os datos de identificación do colexio (teléfono e correo electrónico) e do alumno (nome, apelidos, DNI, teléfono e enderezo). Só se abrirán os sobres das obras que resulten premiadas. O prazo límite para todos os efectos de presentación, será o día 1 de decembro ás 14:00h.
     
    5.PROPIEDADE DAS OBRAS: O deseño gañador pasará a ser propiedade do Concello de Ourense e será empregado como imaxe da festividade do Nadal 2015. Os restantes poderán ser retirados nos 30 días seguintes á finalización do concurso.
     
    6.XURADO: A decisión do xurado será inapelable e estará formado por cinco persoas, a concelleira de Cultura (ou a persoa na que delegue), dous técnicos da Concellería, un técnico do Gabinete de Prensa do Concello e un auxiliar administrativo da Concellería que actuará como secretario do xurado. O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. O concurso poderá quedar deserto.
     
    7.COMUNICACIÓN DO GAÑADOR: O Concello porase en contacto, tralo fallo do xurado, co colexio do traballo gañador, por teléfono e por correo electrónico.
     
    Postais de Nadal
     
    Este concurso súmase ao que xa está en marcha, dende o mes de outubro, sobre postais de Nadal, tamén dirixido aos colexios da cidade para alumnos de 3º curso de Primaria. Este concurso organízao a Concellería de Educación.
     
    O prazo de recepción dos traballos tamén remata o 1 de decembro.
     
    BASES DO CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

    1.-Poderán participar os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, dos centros de ensino da cidade.

    2.- O obxectivo deste concurso é que os nenos e nenas plasmen nun debuxo aquilo que para eles é significativo e faga referencia ao Nadal.

    3.- Os debuxos presentaranse en formato A-4. A técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes, e os debuxos grandes, para que destaquen unha vez impresa no papel.

    4.- O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados por cada centro de ensino, tendo en conta o equilibrio e harmonía entre as ideas e as ilustracións, asi como a orixinalidade dos traballos presentados.

    5.- O prazo de presentación rematará o 1 de decembro ás 14.00 horas.

    6.- O profesorado, fará unha selección dos mellores traballos na aula, que entregará, na Concellería de Educación: Praza San Martiño nº 2, 1º.

    ***Deberán aparecer, no reverso do folio os datos do alumno ou alumna (nome e apelidos, curso, centro e profesor ou profesora responsable)

    7.- A clase gañadora recibirá  material didáctico, e o neno ou nena un lote de libros e a impresión da postal que servirá de Felicitación de Nadal desta Concellería. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica