CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • O Claustro de San Francisco adapta o seu horario de apertura ao público de 18 a 21 horas polas tardes

    Ourense, xuño de 2019.
     
    O Claustro de San Francisco comeza o martes 18 de xuño o seu horario estival, permanecendo aberto de 11:30 a 13:30 horas polas mañás, coma o resto do ano, e de 18 a 21 horas pola tarde, adaptándose ás horas de luz. Este espazo permanece aberto de martes a domingos, sendo o luns o día de descanso.
     
    O Claustro de San Francisco, do século XIV, reabriuse ao público en xuño de 2013. Ademais das visitas de persoas e de grupos, o espazo acolle actuacións musicais, esgrima e danza, coma o Danza no Claustro deste xoves e venres. 
     
    O resto dos espazos expositivos mantense como segue:
    Museo Municipal, rúa Lepanto 8: de martes a sábado, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Luns, pechado.
    Belén de Arturo Baltar, praza de San Cosme e Damián. Abre polas mañás entre ás 12:00 e as 14:00 horas.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica