- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
A Sala Valente inaugura esta tarde a exposición Retrospectiva que recolle as mellores obras de Carmucha Vázquez Prats

Ourense 19 de decembro de 2019
A sala municipal José Ángel Valente inaugura esta tarde (20:00 horas) a exposición Retrospectiva, de Carmucha Vázquez Prats. A artista nacida en Pontevedra en 1934, residente en Ourense, presenta nesta mostra medio cento de obras que percorren a súa obra e resumen a súa vida pictórica. Muller adicada á pintura dende nena, é un exemplo de contancia, traballo e implicación artística. A súa primeira exposición foi nos anos 50, e desde aquela realizou continuas mostras a nivel nacional e internacional
Vázquez Prats procede a pinceladas curtas, case unánimes, que van compoñendo con pequeños fragmentos de cor a paisaxe estremecida da súa pintura. Son pinceladas sinxelas mais sinceras e alleas ao efectivismo fácil, que se esparexen polo fondo do cadro coa mesma minuciosidade de procedemento que cando tocan a figura protagonista. É mostra desa xenerosidade de valoralo todo co mesmo aprecio, sen establecer distancias
A mostra poderase visitar até o día 16 de febreiro na sala municipal da rúa do Paseo.