CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    O cantante Bertín Osborne e os humoristas Dani Mateo, Manuel Manquiña e David Perdomo, esta fin de semana no Auditorio

    Ourense, 7 de xaneiro de 2020
     
    Os humoristas Dani Mateo, Manuel Manquiña e David Perdomo e o cantante Bertín Osborne subirán esta semana ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense. A primeira das propostas é Noites de Retranca, espectáculo de humor que no seu especial décimo aniversario chegará a Ourense o venres, 10 de xaneiro, ás 22:30 horas. 
     
    En palabras da compañía, “cumprir dez anos levando humor e risas por Galicia adiante merecen festexalo. Por primeira vez nestes dez anos, abrimos o noso espectáculo a artistas de "fóra" e, para facelo contaremos cun artista retranqueiro coma nós... Dani Mateo!!!” Un show con música en directo, a dos Fabulosos Weekend, e as actuacions de Manquiña, David Perdomo e Dani Mateo.
     
    O sábado, 11, ás 20:00 horas, será o turno de Bertín Osborne, que chega a Ourense na xira de presentación do seu último traballo discrográfico: Yo debí enamorarme de tu madre, un espectáculo sorprendente de cen minutos e duración, acompañado dos seus músicos e os seus mariachis. Un show moi coidado e divertido onde o cantante andaluz repasará todos os seus éxitos musicais e as anécdotas máis graciosas da súa carreira.
     
    As entradas, desde 16 euros para Noites de Retranca, e desde 45 euros para Bertín Osborne, pódense adquirir en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica