CONTACTO

  • Ciclo lirico
  • Sem 23 nov
  • EdC
  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Presentado o entroido deste 2013, que reforza a programación musical durante o día

    Xa está á volta da esquina unha nova edición dunha das festividades máis queridas por todas e todos, o Entroido. Nesta edición de 2013, o Concello de Ourense aposta por unha programación para todos os públicos que sigan a consolidar a cidade como capital do Entroido, nunha provincia que o vive de forma moi especial.
    Un total de 15 charangas realizarán arredor de 50 pases entre os cinco días de festa. Ademáis desta programación, o Concello tamén colabora coa organización dos tradicionais Entroidos da Pita de Eiroás, de Paquita e Nicanor de Seixalbo, e de Frei Canedo na Ponte.

    Ourense, 22 de xaneiro de 2013.- Xa está á volta da esquina unha nova edición dunha das festividades máis queridas por todas e todos, o Entroido. Nesta edición de 2013, o Concello de Ourense aposta por unha programación para todos os públicos que sigan a consolidar a cidade como capital do Entroido, nunha provincia que o vive de forma moi especial.
    As primeiras actividades comezarán xa a vindeira semana, co xoves de compadres, día 31 de xaneiro e, posteriormente o de comadres – a seguínte semana -, o 7 de febreiro. Eses días haberá regueifas e loitas tradicionais organizadas pola concellería de Educación. O venres 8 de febreiro terá lugar na Praza Maior o Pregón do Entroido. Será as 21.00 h e ao rematar sairá un pasarrúas cos Festicultores. Desde ese día, e ata o vindeiro mércores 13, a cidade encherase de ambiente amenizado polas charangas que poboarán as rúas de Ourense.
    Un total de 15 charangas realizarán arredor de 50 pases nos 6 días que dura o Entroido. Este ano a programación vólcase en extender a festa ao longo do día, con actuacións tamén pola mañá, os días festivos. O pases das charangas comprenden un maior percorrido, saíndo desde o Parque de San Lázaro, ata a cidade Vella por dúas importantes rúas, Santo Domingo e o Paseo. As charangas disporán de cinco espazos acondicionados con tarimas para as actuacións. Serán no Parque de San Lázaro, Praza do Ferro, Praza dos Eironciños, Santa Eufemia e na rúa dos Fornos.
    Para os máis pequenos están programadas diversas actividades. Por un lado, a Asociación Xuvenil Amencer, organiza o día 9 unha festa infantil na Praza Maior, que continúa pola tarde co “Baile da Corte”. Outro dos eventos a destacar é a actuación do Sonoro Maxín, que ofrece un concerto o luns día 11 na Praza do Correxidor a partir das 00.00 horas. Finalmente, o mércores o enterro da Sardiña porá o peche a edición de 2013. A concentración para seguir ao cortexo será ás 20.30 h na Praza Maior.
    Entroidos dos barrios
    Outro dos lugares nos que o Concello organiza actividades é o barrio do Couto. Desta forma o día 9 haberá desfile de charangas polo barrio, e pola tarde baile infantil de disfraces nas Galerías do Couto. Tamén na Sociedade Albor terá lugar un baile de disfraces. A maiores desto e como xa é tradicional cada ano, está a colaboración e o apoio que o Concello presta aos entroidos máis destacados da cidade: o Entroido das Pita de Eiroás, o Entroido de Seixalbo e o Entroido da Asociación Frei Canedo da Ponte.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica