CONTACTO

  • Expo Nós
  • os nosos fondos
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Matarile presenta en Ourense Daimón y la jodida lógica, o seu novo espectáculo de grande formato que mistura teatro, danza e música

    Ourense, 14 de febreiro de 2020.-
     
    A compañía galega Matarile Teatro presentará mañá, sábado, 15 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio a súa nova obra: Daimon y la jodida lógica, un espectáculo de grande formato, cun equipo de 14 persoas, con 9 intérpretes e 4 músicos, en que mistura teatro, danza e música en escena. 
    O concelleiro de Cultura, Mario González, e a directora Ana Vallés, presentaron esta mañá esta nova creación da compañía galega, que acadou un grande éxito no festival internacional de outono de Madrid, e que percorrerá durante o ano 2020 diferentes cidades españolas: comezando por Ourense, para continuar logo en Santiago, Valladolid, Xixón e Murcia.
     
    O título da obra Daimon y la jodida lógica alude a un concepto mitolóxico que pode significar, segundo o contexto, “o destino, a voz da conciencia, a intuición... Unha presenza oculta, imprevisible que determina actos e decisións que non podemos explicar racionalmente”, en palabras da autora e directora da obra.
    Compañía dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño, Matarile conta cunha traxectoria de 33 anos adicados á creación dun teatro que se caracteriza pola innovación, enmarcada nas artes escénicas contemporáneas-
     
    As entradas, desde 8 euros, pódense adquirir en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica