CONTACTO

  • Ciclo lirico
  • Sem 23 nov
  • EdC
  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • O Concello aprobada as bases para o XXIX Premio de Poesía “Cidade de Ourense”

    A Xunta de Goberno Local do Concello, celebrada o pasado xoves 24, aprobou as bases da convocatoria da XXIX Edición do Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, que organiza a Concellería de Cultura. Este galardón, está dotado cunha cantidade de 6.000 euros é a publicación da obra gañadora. 

    Ourense, 24 de xaneiro de 2013.- A Xunta de Goberno Local, vén de aprobar as bases da convocatoria da XXIX Edición do Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, que organiza a Concellería de Cultura.
     
    O obra gañadora, está dotada cun premio de 6.000 euros, e a publicación do libro. Todas as persoas interesadas en presentar traballos, deberán facelo a través do Rexistro do Excm. Concello de Ourense – Praza Maior, s/ n - directamente ou por correo certificado facendo constar no sobre “Para o XXIX concurso de Poesía Cidade de Ourense”. O prazo de entrega remata ás 14 h do día 30 de abril deste ano. Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos. Poderán participar todas as persoas que o desexen - agás as/os gañadores/as das cinco edición pasadas – sempre que as súas obras se presenten en galego ou portugués.
     
    No aspecto formal, os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de seiscentos versos. Presetaranse mecanografados e a dobre espazo en follas de tamaño folio escritas por unha soa cara en ejemplar sextuplicado.
     
    O Xurado cualificador estará formado por personalidades das letras galegas e portuguesas, o gañador do ano anterior e un representante da Corporación. A decisión terá lugar arredor do primeiro sábado do mes de xuño.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica