- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
O Auditorio programa esta semana teatro para bebés, con A toupiña que quería saber e rock co espectáculo tributo Remember Queen

Ourense, 3 de marzo de 2020
O Auditorio Municipal de Ourense programa para esta semana citas co teatro para bebés, coa popular historia “A toupiña que quería saber”, e coa música rock para todas as idades, con Remember Queen, o mellor espectáculo tributo á exitosa banda británica que lideraba Freddie Mercury.
Na primeira das citas, o venres, 6 de marzo, Xanela do Maxín representará “A Toupiña que quería saber”, nunha dobre sesión (ás 18:00 e 19:30 horas), da man do programa Apego. Unha simpática e escatolóxica historia, que asegura gargalladas para todos os públicos. Está dirixida a criqanzas desde os 2 anos, que deberán acudir acompañadas por algunha persoa adulta.
O sábado, 7, ás 21:00 horas chegará ao Auditorio unha nova tempada do espectáculo “Remember Queen”, que desde 2005 triunfa nos mellores escenarios de toda Europa, no que xa leva acumulados máis de 500.000 espectadores e espectadoras.
Os artistas en Remember Queen coidan o máis mínimo detalle da actuación, cunha posta en escena similar á que Quee utilizaba na Xira do 86, a última que realizaron con Mercury en escena. Repasarán as cancións máis populares do grupo nun espectáculo que lidera o mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, o italiano Piero Venery, que ofrece unha impecable caracterización do artista.
As entradas para estes espectáculos (desde 3 e 18 euros, respectivamente) pódense adquirir en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.