CONTACTO

  • Expo Nós
  • os nosos fondos
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • Isidro Tascón presenta na sala Valente Réplica, unha colección fotográfica quer viaxa de Ourense a Cuba

    Ourense, marzo de 2020.-
     
    A sala Valente acolle esta tarde, desde as 20:30 horas, a inauguración da exposición Réplica, do artista leonés Isidro Tascón. Un traballo de 100 fotografías, acompañadas dun proxecto que nace en Ourense e que se desenvolverá en Cuba, ao redor das cadeiras tradicionais das casas da illa caribeña. A exposición estará até principios do mes de xuño. No acto inaugural estará presente tamén a cubana Suset Sánchez Sánchez (La Habana, 1977), comisaria do Museo de Arte Contemporáneo Reina Sofía. 
     
    Sánchez é crítica da arte e investigadora residente en Madrid dende 2004. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de La Habana (2000) e Máster en Historia da Arte Contemporáneo e Cultura Visual pola Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade Complutense de Madrid e o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (2013). Os seus ámbitos de traballo inclúen a arte moderna e contemporánea, o cine e a cultura visual.
     
    BIO_ Isidro Tascón (León, 1971) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Entre 1994-96 destaca a súa colaboración na Documenta X e Museum Fridericianum, Kassel-Alemania. Foi premiado en diversas ocasións nas modalidades de pintura, escultura e litografía pola Junta de Castilla e León. En 1999 recibe en Madrid (Calcografía Nacional) o premio de litografía no Certamen Gráfico de Jóvenes Creadores.
     
    No 2002-03, despois da súa última estancia en Basilea e Kassel, traballa para a Academia de España en Roma cunha bolsa do Ministerio de Asuntos Exteriores, obra amosouse no Centro Cultural Conde Duque de Madrid. En 2004 recibe a Beca das Artes Plásticas da Academia de España en Roma polo Ministerio de Cultura.
     
    Realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, tanto en España coma no estranxeiro. Ha estado presente en diversas feiras do circuíto internacional de arte contemporáneo: Arco, Art Salamanca, ArteSantander, MiArt, Artelisboa…
    Actualmente, Tascón traballa como deseñador para a firma de roupa Carolina Herrera.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica