- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Si esto es un hombre, adaptación teatral da obra de Primo Levi, e pop latino con Café Quijano, esta semana no Auditorio

Ourense, marzo de 2020.-
Teatro dramático con Si esto es un hombre, de Cámara Negra, e música pop con Café Quijano son as dúas propostas do Auditorio Municipal de Ourense para esta semana.
Xoves 12 de marzo, 20:30 horas - Teatro
A obra da compañía galega recrea nun escenario o relato que escribiu Primo Levi cando, en 1944, foi deportado a Auschwitz, aos 24 anos de idade. En 2020, (76 anos despois), un actor sobe ao escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores e espectadoras do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado. A obra propón unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano do noso mundo contemporáneo.
Sábado 14 de marzo, 20:30 horas - Música
O sábado á mesma hora chega a Ourense a xira 2020 de Café Quijano. O grupo presenta o seu novo traballo La vida no es La La La. O espectáculo compila dúas décadas de éxitos, entre eles os intensos e sensitivos boleros que lles fixeron merecedores de cinco nomeamentos aos premios Grammy latinos: case dúas horas de historia viva do pop latino presentándonos o seu fresco novo son pop con éxitos do momento.
As entradas para os dous espectáculos pódense adquirir a través da páxina web www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.