CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • O Concello suspende cursos, espectáculos e actividades de grupo

    Ourense, 12 de marzo de 2020.-
    O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse este mediodía de urxencia cos voceiros de todos os grupos municipais para comunicarlles as medidas que implantará o Concello de Ourense en relación coa expansión do coronavirus desde este momento. Tamén convocou para mañá venres unha reunión da xunta de portavoces na que afondar máis polo miúdo en todos estes aspectos.
     
    O Concello de Ourense entende que debe seguir o ronsel das autoridades sanitarias -o Estado e a Xunta de Galicia- no tocante ás medidas preventivas e restritivas para paliar o caso de contaxios do COVID-19 (coronavirus), e desde este momento cancela todas as actividades de cursos e actividades organizadas polo Concello na que participen grupos de persoas. 
     
    Inclúense aquí clases, cursos ou actividades das escolas deportivas en instalacións municipais, clases dos programas formativos da Universidade Popular, das escolas municipais de música e de teatro, así como de todas aquelas programadas na rede de centros cívicos municipais, o Espazo Lusquiños, a piscina termal das Burgas, actividades das asociacións veciñais e, en definitiva, todas aquelas actividades de grupo que dependen do Concello.
     
    Todo isto na liña das medidas anunciadas esta mañá polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo: peche de centros sociocomunitarios, suspensión da actividade lectiva e extra escolar durante 14 días, limitar a 50 persoas o aforo en espazos pechados e protocolo de actuación no emprego público
     
    Comité de seguridade
    O concelleiro de Recursos Humanos, Armando Ojea, presidiu esta mañá a xuntanza do comité de seguridade do Concello de Ourense, no que participan xunto ao goberno municipal, os sindicatos con representación no Concello de Ourense, CSIF, CCOO, SAP, SPPME, CIG, USO, e UGT, o director xeral de Recursos Humanos e o equipo técnico do servizo de prevención do Concello.
     
    Na xuntanza trasladoulles a vontade de definir medidas fronte á expansión do coronavirus, seguindo as directrices que definan as autoridades sanitarias, tendo como referencia as que se determinen na xuntanza que no día de hoxe mantén o conselleiro de Sanidade coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica