CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • O Concello programa dez citas coa mellor música, coa oitava edición do ciclo Enclave de Cámara

    Ourense, 3 de xuño de 2020
     
    O Concello de Ourense pechou a programación da que será a oitava edición do ciclo de música Enclave de Cámara, que se desenvolverá desde o día 1 de outubro na cidade. O programa mantén os concertos que tiveron que aprazarse debido á pandemia da COVID-19 e incorpora dous máis, facendo un total de dez. Conmemorarase a festividade dos músicos, Santa Cecilia, cun concerto do Dúo Cassadó e rematará o ciclo ao aire libre, na Praza de San Martiño en xuño do 2021 con Hércules Brass.
     
    A programación do ciclo abrangue un amplo abano de posibilidades, desde os imprescindibles tríos con piano, os cuartetos de corda ou piano solo, ademais de propostas máis innovadoras e diferentes como un cuarteto de saxos, un dúo de pianos, un ensemble de ventos e piano e unha proposta orquestral coa Real Filharmonía de Galicia, xuntando ao tempo grupos consagrados, como o Cuarteto de Zagreb, un cuarteto histórico na música de cámara, promesas como o pianista francés Adam Laloum ou os Trío Sitkoveisky, os Kebyart ou o Hércules Brass, conxuntos todos de futuro prometedor e presente cheo de recoñecementos.
     
    Ademais, os programas dos concertos acollerán estreas absolutas (en outubro a obra de Xabier Mariño Aquis auriensis) ou obras máis difíciles de escoitar como Anxos negros de Crumb, que interpretará o Cuarteto Ardeo. O ciclo non se esquece, evidentemente, de clásicos como Beethoven, no ano adicado ao compositor, Mozart, Shubert, Ravel, Tchaikovsky, Halffter, Granados, Falla ou Pärt. O ciclo contempla tamén a realización de actividades complementarias para o os estudantes de música.
     
    Listaxe de concertos
     
    1 de outubro do 2020. Airas Ensemble, quinteto de ventos con piano
    12 de novembro do 2020. Dúo del Valle, dúo de pianos
    22 de novembro do 2020. Dúo Cassadó, violonchelo e piano
    3 de decembro do 2020.Real Filharmonía de Galicia, orquestra
    14 de xaneiro do 2021. Kebyart Ensemble, cuarteto de saxos
    4 de febreiro do 2021. Cuarteto de Zagreb, cuarteto de cordas
    4 de marzo do 2021 Cuarteto Ardeo, cuarteto de cordas
    8 de abril do 2021. Adam Laloum, piano solo
    6 de maio do 2021. Trío Sitkovesky, trío de cordas
    3 de xuño do 2021 Hércules Brass, Quinteto de metais

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica