- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
A terraza do Auditorio acolle a programación do Verán Cultural de Ourense en xullo, agosto e setembro

Ourense, 16 de xuño de 2020.-
A cidade de Ourense xa coñece a súa programación cultural de verán, a que se desenvolverá na Terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle- os meses de xullo, agosto e setembro. Gonzalo Pérez, alcalde de Ourense, acompañado de Mario González, concelleiro de Cultura, e dun técnico municipal, foron os encargados de presentar o Verán Cultural, unha programación pensada para todos os públicos e na que se tomarán todas as medidas de seguridade necesarias: “Unha administración debe garantir as condicións sanitarias do público, pero tamén dos artistas e de todos os profesionais da cultura”, aseguraba o concelleiro Mario González.
O programa, de “transición” cara á normalidade “até que se poidan celebrar espectáculos masivos”, en palabras do alcalde, inclúe música de diferentes estilos (blues, folk, fusión, ópera), teatro e circo a cargo de compañías premiadas en certames nacionais e internacionais. Entre eles, o espectáculo de danza e pintura de Shakti Olaizola, ou o clásico de Shakespeare 'Moito ruído e poucas noces'.
As actividades comezarán ás 20:30 horas -salvo as de setembro, que se adiantan ás 20:00 horas-, espectáculos pensados para o aire libre e para que os asistentes poidan estar sentados. O lugar escollido é “estratéxico”, segundo o programador Manuel Freire, e permite dispoñer de camerinos para artistas, diferentes entradas e saídas para que non se apiñe o público, e mesmo para que poidan gozar da cidade no verán.
Enlace ao programa.
Enlace ao programa.