CONTACTO

  • Prem lit
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • MMOu
  • Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL

    Ata o 10 de febreiro pódese visitar a exposición Miradas duras, Miradas blandas, de Juan Manuel Lazcano

    O Museo Municipal alberga esta exposición do artista ourensán de adopción. A obra Miradas duras, Miradas blandas, Juan Manuel Lezcano permanecerá ata o 10 de febreiro do vindeiro 2013 nas Salas I e II. 
    O Concello de Ourense, a través da concellería de Cultura, continúa desta maneira co apoio aos artistas ourensáns, coma é Lazcano, que vén traballando desde fai máis de dous anos cunha perseverancia pigmentaria a partir de fortes e sentidas pinceladas. Mostra a súa última colección con dous ambientes, un intensamente dramático inspirado en Goya e outro cálidamente envolvente, entendendo que ambos arrancan dun expresionismo no seu máximo grao.
     
    Na presentación, á que asistiron o alcalde, Agustín Fernández, a Concelleira de Educación é Cultura, Ana Garrido, o artista, Juan Manuel Lazcano e a Técnica de Áreas Expositivas, Eva Torres. A mostra consta dunhas 60 pinturas, das cales o primeiro andar alberga 26 obras pictóricas – entre as que hai 4 conxuntos formados por dípticos e trípticos -, na súa maioría de formato grande. No segundo andar  hai expostas 25 obras de formato, pequeno e medio, tamén cun tríptico e un díptico. As emocións aparecen reflexadas sen preocuparse da realidade externa, senón máis ben da natureza interna e das impresións que esperta en nós. Unha parte importante da exposición mostra esceas dramáticas, unha traxedia interior desde a visión particular do pintor tendo como fonte de inspiración o gran Goya. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica