CONTACTO

  • os nosos fondos
  • Verán Cultural
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • Cultura abre unha nova canle de Telegram para a difusión da súa programación

    Ourense, xullo de 2020.-
     
    A Concellería de Cultura abriu unha nova canle para a difusión da súa programación. Será a través da plataforma Telegram [Enlace] e servirá para que calquera persoa cun teléfono móbil 'intelixente' poida coñecer de primeira man todas as novidades e convocatorias do departamento de Cultura. Entre elas, as do Verán Cultural desta semana.

    A terraza do Auditorio énchese de acrobacias coas compañías La Troupe Malabó e Vol de Temps, que presentan senllos espectáculos en clave circense, positivos e cunha espectacular e divertida posta en escena. Distans, o venres ás 20:30h, é unha obra premiada na pasada edición dos Fetén.
    As actividades son gratuítas e dirixidas a todos os públicos. Recoméndase acudir con antelación e cumprir con todas as medidas hixiénico sanitarias -caso da máscara de protección- e distancia social.

    Xoves 23 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    La Troupe Malabó. Oníricus. Dous surrealistas e aloucados mozos de circo, que soñan con converterse algún día en verdadeiros artistas, atópanse co desafiuzamento do circo no que traballan. Deciden fuxir e renderse, pero grazas ao público seguen adiante co seu soño. Aquí nace un novo circo e o espectáculo debe continuar.

    Venres 24 xullo, 20:30 horas. Terrazaza do Auditorio (rúa da Canle)
    Vol de Temps. Distans. Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual; un espectáculo orgánico, sensible e divertido. Fálase de amizade, da fraxilidade do ser humano, da soidade e do amor que é capaz de reconstruír as nosas relacións. A compañía foi premiada na pasada edición dos Fetén, e é considerado un dos mellores espectáculos de circo nos premios de Andalucía.
     
    Ademais, están abertos os seguintes espazos expositivos:

    Museo Municipal de Ourense, rúa Lepanto
    Os nosos fondos. A exposición contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensá, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quessada, Antonio Quessada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte -pintura, escultura e debuxo- que se conservan e custodian no Museo Municipal.
    Cromática, VI Bienal de Pintura Xove. Organizada pola Fundación Cum Laude, emprázase no segundo andar do espazo museístico.
    Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas. Entrada: libre e gratuíta.
     
    Sala Ángel Valente, rúa do Paseo, 20
    Isidro Tascón. Réplica. Mesmos horarios que o Museo
     
    Espazo Expositivo Arturo Baltar, praza de San Cosme e San Damián
    Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h
     
    Claustro de San Francisco
    O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, de 11:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas; os domingos, de 11:30 a 13:30 horas.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica