CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Novo circo, con Edu Manazas, e rock and roll con The Soul Jacket, propostas desta semana do Verán Cultural

    Ourense, 31 de agosto de 2020.-
     
    O novo circo de Edu Manazas e o rock and roll setenteiro do grupo galego The Soul Jacket son as propostas para esta semana do Verán Cultural que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Ourense na terraza do Auditorio.
     
    O xoves, 3 de setembro, ás 20 horas, o clown Edu Manazas presenta “Fóra de stock”, un espectáculo que fala de soños, de esperanzas, de ilusións, da vida, da túa vida, de vivila, do xogo... Unha oficina, un almacén, unha fábrica... Traballo, ingresos, gastos, balances, inventarios, beneficios, perdas... Un espectáculo sobre o traballo, as persoas e a súa relación, cheo de ilusións e de desexos. Narrado en clave de circo, malabares, acrobacias e moitos soños.
     
    O venres 4 de setembro, desta vez ás 20 horas, actuará na terraza do Auditorio The Soul Jacket. A banda naceu tocando cancións inspiradas polo son do rock & roll americano e británico de primeiros dos setenta, pero foi a voz do seu cantante, cun aspecto puramente soul e afroamericano, o que a levou a bautizarse como The Soul Jacket. En dez anos de carreira e con varios álbums no seu currículo, están considerados como unha das mellores bandas españolas. "Plastic Jail" é o seu último álbum. 
     
    Entrada gratuíta, con prazas limitadas e máscara obrigatoria.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica