CONTACTO

  • Ciclo lirico
  • Sem 23 nov
  • EdC
  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Programación cultural do Concello para esta semana

    Ourense, 10 de novembro de 2020.-
     
    O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades. 
     
    O xoves 12 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, primeira cita da tempada co Enclave de Cámara a cargo do Dúo del Valle, formado polos irmás Víctor e Luís del Valle. Interpretarán obras de Schubert, Corigliano e Ravel. O prezo da entrada é de 8€. 
     
    O venres 13 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal, actuará a compañía Lila Teatro, representando a obra Rara avis. Trátase dunha peza teatral dirixida a público adulto. O prezo da entrada é de 5€.
     
    O sábado 14 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal, o Grupo Fiadeiro representará a obra A viaxe de José, unha peza músico-teatral dirixida a todos os públicos. A entrada será gratuíta até completar aforo.
     
    Por último, o domingo, 15 de novembro ás 18.00h, a Sala Principal estará reservada á Compañía Pérez & Fernández representando a obra Os nenos da variola. Trátase dunha peza teatral dirixida a todos os públicos. O prezo da entrada é de 5€.
     
    O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
     
    Animación de rúa: a festa desde a casa. 
     
    Co gallo de animar a cidadanía no día do San Martiño, patrón da cidade e data dunha das grandes festas locais, o Magosto, a Concellería de Cultura programou pasarrúas nos barrios da Ponte, O Couto, Mariñamansa / A Cuña, centro histórico, centro da cidade (coa presenza dos cabezudos) e Barrocás. 
    O obxectivo destas 13 funcións, en horario de 12:00 e 18:00 horas, non é outro que o de encher as rúas de música, animar a xente. Por este motivo, prégaselle á veciñanza que atendan as recomendacións das autoridades sanitarias e permanezan nas súas casas e evitar aglomeracións.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica