CONTACTO

  • Ciclo lirico
  • Sem 23 nov
  • EdC
  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Programación cultural do Concello para esta semana

    Ourense, 10 de novembro de 2020.-
     
    O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades. 

    · O xoves 19 de novembro, ás 20.30h na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Arden Producciones, representando a obra Shakespeare en Berlín. Trátase dunha peza Teatral destinada a todos os públicos. O prezo da entrada é de 8€. 

    · O domingo 22 de novembro, ás 12.00 h. na Sala Principal do Auditorio, actuará a compañía Verdeveras Producións Artísticas, representando a obra Un Lugar Chamado Mundo. É unha peza músico-teatral dirixida a nenos e nenas. O prezo da entrada é de 3€.

    · O domingo 22 de novembro, ás 19.00h na Sala Principal do Auditorio, o Dúo Cassadó, Damian Martínez e Marta Moll de Alba, dará un concerto que forma parte do ciclo Enclave de Cámara, para festexar Santa Icía, Patroa da música. A entrada será de 8€.

    ----------
    Durante esta semana tamén se poderá acceder a diferentes espazos expositivos e exposicións:
     

    · Espazo expositivo de Arturo Baltar

    · Claustro de San Francisco

    · Museo Municipal: “Os nosos Fondos”, colección do Museo Municipal de Ourense

    · Praza da República, entrada Biblioteca Nós: “Construíndo o Universo dende Ourense”, exposición polo centenario Nós.

    · Sala Valente: “Os caprichos espidos”, Xosé Poldras.
    O aforo máximo é de 30 persoas, sempre coas preceptivas medidas sanitarias -máscara de protección e hixiene de mans á entrada-. As entradas poden mercarse en ataquilla.com ou na propia billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.
     
    Máis información na axenda de ourensecultura.gal.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica