- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL
Os Reis Magos recibirán os nenos e as nenas de Ourense no Auditorio Municipal o martes 5 de xaneiro

Ourense, 29 de decembro de 2020.-
As súas maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, recibirán os nenos e as nenas de Ourense o vindeiro 5 de xaneiro, véspera do reparto dos regalos, no Auditorio Municipal. Será en cinco sesións para as que haberá que inscribirse previamente -desde hoxe, martes, até o domingo 3 de xaneiro ás 23:59 horas- no espazo web http://entradasourensecultura.gal, unha ferramenta elaborada polo centro de Intelixencia Artificial.
Haberá un total de cinco sesións pola tarde con aforo para 240 persoas cada unha e, unha vez se completen, abriranse tres máis pola mañá. É dicir, que até 1.920 persoas poderán visitar os Reis Magos. A distribución das sesións e os asentos asignados serán establecidos polo programa informático. A entrada ao recinto efectuarase pola porta situada ao carón do Arquivo Histórico Provincial e desemboca no aparcamento do Claustro de San Francisco.
A sesión das 21:00 horas será retransmitida na canle de vídeos municipal.
Conscientes das medidas impostas pola pandemia, a Concellería de Cultura seguirá medidas para a prevención da Covid-19, e cumprirá cos requisitos e medidas hixiénicas obrigatorias na data da celebración. Para iso, faise un chamamento á responsabilidade dos asistentes para que as primeiras medidas sexan, precisamente, as individuais. Entre elas, que os grupos de nenos-as estean acompañadas por un só adulto / titor-a por unidade familiar para deixar máis prazas para a cativada.
Medidas hixiénicas. O uso da máscara é obrigatorio en todo momento (maiores de 3 anos). No acceso ao recinto e nos diferentes espazos haberá xel hidroalcohólico. Non está permitido fumar. O acceso e a saída dos espazos efectuarase de maneira graduada e baixo o control do persoal da organización para garantir a distancia de seguridade e evitar aglomeracións. Prégase paciencia e atención ás indicacións. Seguir a sinalización para desprazarse polo espazo, respectar os asentos asignados e a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros con outras persoas forma parte, ademais, da responsabilidade social. Calquera persoa que pensen que poida ter síntomas ou estar en contacto con alguén diagnosticado da virus, mellor na casa.