- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - ESPAZO EXPOSITIVO ARTURO BALTAR - O Belén
A súa Historia
O Belén de Arturo Baltar ten a súa orixe nun encargo que lle fixo ao escultor, no mes de outubro do ano 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense presidida daquela por Amando Prada Castrillo.
Comezaba así o primeiro Belén de Arturo Baltar formado polas figuras principais do Portal: Xosé, María co neno no colo, o boi e a mula, un anxo, os tres Reis Magos... Que se presentou nos soportais da Casa do Concello.
Este xermolo de Nacemento vai medrando en esculturas cada ano con máis personaxes, grupos sociais, arquitectura civil e relixiosa, ambientación paisaxística... Xentes, edificios e lugares recreados nas vivencias do autor e que crianzas e maiores poden recoñecer no seu imaxinario.
![]() |
![]() |
![]() |
No ano 1969 colocouse no Museo Arqueolóxico ante o claustro románico e xa en 1970 e toda a década instálase, durante o Nadal, xunto ao Pórtico do Paraíso da Catedral Auriense.
No Nadal de 1980, aproveitando o espazo da capela se san Cosme e Damián, instalouse definitivamente o Belén moito máis ampliado e xa como un conxunto escultórico de grande beleza.
No ano 2010 remodélase por completo a capela e máis o edificio anexo para albergar o Belén de Arturo Baltar e unha parte significativa da súa obra.
Na limpeza dos panos dos edificios, tanto da capela como da casa anexa,, descubrimos unha porta cega na parte interior esquerda, dúas pequenas xanelas das que xa se tiña constancia e unha porta que comunica os dous espazos expositivos, todos estes achados do mesmo estilo arquitectónico renacentista.
A reforma supuxo unha ampliación espacial e conceptual do espazo pero tamén temporal, xa que as melloras influíron no carácter estacional do Belén, que se tornou en permanente. Este feito permitirá, a partir de agora, gozar das novas posibilidades culturais e didácticas ao longo de todo o ano e non só no Nadal
No ano 1980 coa rehabilitación da vella capela dos santos Cosme e Damián, polo concello, o coñecido escultor Arturo Baltar instala o seu belén popular para ser amosado durante a festividade do Nadal aos cidadáns ourensáns.
O Belén de Ourense, máis coñecido popularmente polo nome do seu autor, componse dunha gran cantidade de pezas feitas en barro cocido, ademais de curiosas representacións relixiosas, civís e militares que, mesturadas, conxuntamente coas construcións de carácter popular, crean ese ambiente singular.
É do mesmo destacábel a presenza daqueloutros elementos relacionados coa nosa etnografía: oleiros, adegas, fornos, cabaceiros, cruceiros, pontes, palleiros e pombais. Tamén resulta edificante a contemplación dos labores do campo, ademais de xogos populares como a chave; as antigas profesións ambulantes como a do retratista, o cego cantador de coplas; etcétera.
O conxunto da obra enténdese como un camiño iniciático que percorre ao redor ate centrarse no pesebre coa representación do Nacemento do Fillo de Deus.
Pepe Luis