- AUDITORIO MUNICIPAL
-
MUSEO MUNICIPAL E OUTROS ESPAZOS EXPOSITIVOS
-
CICLO FESTIVO E FESTIVAIS
-
OUTRAS FESTAS E AUTORIZACIÓNS
-
PREMIOS E SUBVENCIÓNS
Concello de Ourense - Cultura - MUSEO MUNICIPAL - Museo
![]() |
Construción renacentista do século XVI, foi a casa solariega dos Méndez Montouto e, desde 1987, Museo Municipal de Ourense. Da edificación primitiva consérvase a fachada, unha columna de entrada e o dintel inaugural (as pezas que están no Museo).
Dos seu tres pisos, os dous primeiros acollen exposicións temporais de arte contemporánea. Actualmente o terceiro andar tamén acolle exposicións, aínda que, durante anos, dedicouse a unha mostra permanente do gravador ourensán Julio Prieto Nespereira.
Está situado na rúa Lepanto, antigamente rúa da Obra, nome que talvez perpetúe aos canteiros medievais que traballaron na catedral (desde aquí podemos contemplar a súa Porta Norte). Esta rúa é hoxe una das máis concorridas dos viños, a zona de tapeo da cidade por excelencia.
Nos seus fondos custodianse obras de Prego de Oliver, Trabazo, Prieto Nespereira, Cándido Fernández Mazas, Nelson Zumel, Xaime e Antonio Quessada Porto, Alexandro, Carlos Vello, Vidal Souto, Virxilio, Rafael Úbeda, Bóveda, Acisclo Manzano, Xurxo Ouro Claro, Xose Lois De Dios... Un total de 1.266 obras artísticas, ubicadas na súa maioría nos almacéns do museo.
|
Salas
Posúe tres plantas adicadas a exposicións temporais de contido actual e non correspondente cos fondos municipais. Ademais, conta cunha cuarta sala de formato pequeno, denominada Sala Fondos.
Ata fai uns anos, o terceiro andar albergaba unha sala permanente do gravador Julio Prieto Nespereira formada por 54 obras de todo tipo (óleos, debuxos, acuarelas, tintas...) que varían no tempo, obras que non pertencen aos fondos municipais, xa que son unha parte da Fundación Prieto Nespereira e outra da filla do artista Dña. Esther Prieto Alcaraz, o Museo desenvolve a función de conservación e custodia.

Depósito - Almacén
Dende Agosto de 2004, os fondos municipais, alberganse no almacén da planta principal, ano no que se creou, mantendo os criterios de conservación e custodia adecuados, así como humidade relativa constante, temperatura verificada, embalaxe, clasificación e descrición.