CONTACTO

  • os nosos fondos
  • Verán Cultural
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • O Ballet Nacional Ruso trae dous clásicos esta semana ao Auditorio: O Quebranoces e A bela dormente

    Ourense, 9 de decembro de 2019
     
    O Ballet Nacional Ruso será esta semana o protagonista da programación de actividades que desenvolve o Concello no Auditorio Municipal, cunha dobre sesión que lle permitirá ao público ourensán desfrutar das adaptacións de dúas obras clásicas con partitura de Tchaikovshy: O Quebranoces e A bela dormente, o mércores, 11, e o xoves, 12, respectivamente, ambas ás 20.30 h.
     
    O Crebanoces é un ballet de dous actos, orixinalmente coreografiado por Marius Petipa e Lev Ivanov cunha partitura de Piotr Ilyich Tchaikovsky. O libreto é unha adaptación do conto de Hoffmann O Crebanoces e o Rey Rato. Estreouse no Teatro Mariinsky de San Petersburgo, o 18 de decembro de 1892, en sesión dobre coa ópera de Tchaikovsky, Iolanta.
     
    A bela dormente é un espectáculo con prólogo e catro actos (o bautizo, o feitizo, a visión e a voda), con música do mesmo autor, libreto de Charles Perrault, versión dos Irmáns Grimm, e coreografía de Marius Petipa
     
    Tamén esta semana teremos unha nova cita no Enclave de Cámara, o xoves, ás 20.00 h no Teatro Principal. Será co último gañador do concurso de piano de Santander, o ucraíno Dmytro Choni, un virtuoso do instrumento, que ofrecerá un programa que inclúe obras de clásicos como Brahms, Schumann ou Liszt, para rematar a segunda parte co compositor por excelencia de obras para piano solo, Rachmaninov.
     
    O Auditorio tamén acollerá o venres, ás 20.30 horas a clausura dos cursos do programa de actividades formativas Universidade Popular 2019, coa entrega de diplomas ás persoas que participaron nas actividades ao longo de todo o curso. Na entrada haberá unha  mostra dos traballos que realizou o alumnado dos obradoiros artísticos.
     
    A fin de semana traerá dúas citas coa programación infantil no Auditorio. O venres, 13, ás  18.00 h e 19.30 h, Lixo, de O Baúl da tía Lola, para bebés, e o domingo, 15, ás 12.00 h, Mai Mai, para rapazada a partir de 5 anos. Unha obra que conta a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, xa que a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. 

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica