CONTACTO

  • os nosos fondos
  • Verán Cultural
  • yout
  • Audi
  • I. Tascón
  • O Auditorio incorpora a súa programación 16 espectáculos a través dun convenio entre o Concello e a Agadic

    Ourense, xullo de 2020
     
    O Auditorio Municipal de Ourense acollerá ata final de ano as actuacións de 16 compañías de diferentes modalidades escénicas, a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic. A xunta de goberno local aprobou esta mañá a sinatura do acordo, que suporá unha achega total de 41.093 euros por parte das dúas administracións.
     
    Aprobar o convenio entre o Concello de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais – Agadic para a realización da programación das actuacións culturais incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios, para o segundo semestre de 2020 no Auditorio de Ourense.
     
    Con este convenio subirán ao escenario do Auditorio 16 compañías, principalmente galegas, para representar as súas ultimas propostas: espectáculos de diferentes modalidades escénicas, principalmente teatro, comezando o día 20 de setembro con Café de las Artes: “El inolvidable viaje de Nana", e continuando até final de ano. Entre eles, inclúense tamén algúns dos espectáculos que foran adiados por mor da suspensión ocasionada pola pandemia da covid-19.
     
    A programación presentarase polo miúdo nas próximas semanas, xunto co resto das propostas do Auditorio para este semestre. A contratación destes 16 espectáculos suporá un investimento de 41.093 euros por parte do Concello e a Agadic.
     
    O Auditorio Municipal de Ourense é membro desde a súa apertura en 2005 da Rede Galega de Teatros e Auditorios enmarcada na Agadic, e o Concello ven asinando cada ano convenios para o desenvolvemento desta actividade escénica. A Agadic oferta un catálogo de grupos e compañías profesionais e o Auditorio elabora a súa programación.
     
    Esta daralle continuidade á programación de actividades culturais “Verán Cultural” que durante os meses de xullo, agosto e setembro desenvolve o Concello na terraza do Auditorio e que se complementa cos concertos de jazz que acollerá a terraza do Centro Comercial Ponte Vella.
     

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica