CONTACTO

  • Carpichos espidos
  • os nosos fondos
  • Audi
  • Concello de Ourense - Cultura - AUDITORIO MUNICIPAL

    Volver

    ActividadesExposicións e espazos expositivos

    [22 Novembro 2020]

    ENCLAVE DE CÁMARA, DÚO CASSADÓ

    Auditorio de Ourense


    Damian Martínez Marco violonchelo | Marta Moll de Alba piano


    Aclamado internacionalmente pola súa distinguida musicalidade e sensibilidade, o  Dúo Cassadó, seduce tanto o público como a crítica grazas á súa orixinalidade e carisma.


    Artista exclusivo de Warner Classics, o Dúo Cassadó actuou en Israel, Canadá, Colombia, Ecuador, Arxentina, Marrocos, Tunisia, Francia, Italia, Alemaña, Suíza, Portugal, Exipto, Xordania e China.


    Formado polo violonchelista Damian Martínez Marco e a pianista Marta Moll de Alba, comezou a súa traxectoria artística no ano 2000 e desde entón recibiu o recoñecemento do público e da crítica internacional. Damián Martínez, considerado un dos mellores violonchelistas da súa xeración, foi recoñecido e apoiado por Mstislav Rostropovich. O Dúo foi tamén recomendado por Alicia de Larrocha, como o máis brillante dúo representante da música de cámara española.


    O seu disco “Rapsodia del Sur” recibiu o apoio da Fundación BBVA, foi escollido entre os mellores discos do ano e foi galardoado co “Melómano de Oro”.

    Programa


    Todos os públicos


    19 h


    Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.


     


     

    [22 Novembro 2020]

    UN LUGAR CHAMADO MUNDO. VERDEVERAS PRODUCCIÓNS ARTÍSTICAS.

    Auditorio de Ourense


    Mariña é unha regueifeira e queda sen palabras...Nikolai sempre quixo ser músico pero tocoulle ser aviador...Xuntos farán unha viaxe polo mundo na procura de novas palabras para as súas regueifas porque o mundo ten moito que contar!! Traballamos sobre a importancia das palabras e o idioma (Regueifa!!), a multiculturalidade, cuestións de xénero e o  coidado do mundo, coa intención de xenerar curiosidade para que @s nen@s e as familias podan seguir investigando.


    Todos os públicos


    12 h


    Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

    Non existen eventos cos filtros de búsqueda especificados.

    Concellería de Cultura
    Concello de Ourense
    2017

     

    Rúa da Canle, 1
           32005 Ourense

     

       988 391 290

    Contacto

     

    Accesibilidade

     

    Permisos

    Cultura nas redes:

     

      Facebook

     

      Twitter

     

      Youtube

    Diseñado y programado por ACV Galaica